Concerto de Carlos Núñez
Para público en xeral
16/08/2021
Xa rematou
22.00 horas
Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo.
Agora presenta un novo disco, Cinema do mar, no que explora o mundo das bandas sonoras, desde Mar adentro ata as varias bandas sonoras nas que participou ultimamente, sobre todo en Xapón, pasando por versións celtas de grandes clásicos do cine. No disco colaboran os Chieftains, Dulce Pontes, Ryuichi Sakamoto, Altan, Solas, Juan Manuel Cañizares...
Ao longo destes anos, Carlos Núñez leva vendidos 1.000.000 de discos no mundo, obtivo un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario aos Grammy latinos e galardóns en todo o mundo. Foi nomeado Embaixador europeo do medio ambiente e actuou en Roma ante dous millóns de persoas convocadas polo Papa. Foi definido como "a única estrela planetaria da gaita" (François-Xavier Gómez, Libération), "o novo rei dos celtas" (Manuel Rivas, El País), "o Jimi Hendrix da gaita" (Scott Lewellyn, Billboard), "o gaiteiro de ouro" (Xabier Rekalde, El mundo), "artista dunha musicalidade sobresaliente e un talento intelixente" (Jan Fairley, Folk Roots), "gaiteiro como se tocase Coltrane ou Hendrix" (Bob Flynn, The Guardian).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible