O Comenoites é un duende regordiño encantado de comer a noite para que o sol pida saír outra vez e traerlles luz, calor e color a todos.
Espectáculo para público de 1 a 3 anos.
Familias
16/10/2016
Xa rematou
11.30 e 13.00 h. (Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala)
35 minutos
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
6,00 €. Abono 3 familiar: 15,00 € (mínimo un adulto e un menor).
Menores de 3 anos: 2,00 €
Capacidade reducida
Un día, a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer. Cal é o problema? Pois que se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá a saír nunca.
Volverá o Comenoites a comre algún día e entón volverá o sol?
Unha bonita historia coa que as nenas e nenos descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.
O Comenoites é un conto infantil, escrito e ilustrado por Ana Juan.
VENDA DE ENTRADAS E ABONOS:

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

22/12/2025

23/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible