de Rokhsareh Ghaemmaghami
público en xeral
Para público en xeral
04/10/2016
Xa rematou
20.00 h
Rógase puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala
90 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)
** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala
Irán, Alemaña, Suíza | 2015 | 90 min
V.O. en inglés e persa afgán (darí) subtitulada en castelán.
Sonita, unha moza afgá de 18 anos, entrou en Irán sen papeis e búscase a vida nos suburbios de Teherán, mentres loita para facer realidade o seu soño: converterse en cantante de rap. A paixón pola música choca cos plans da súa nai, que quere casala a cambio de cartos e que mesmo xa lle puxo prezo á noiva: 9.000 dólares.
A través das súas cancións e videoclips de baixo orzamento descubrimos unha artista carismática, decidida a falar da dura realidade que a rodea cunha honestidade sobrecolledora. Como se pode liberar dunha contorna represiva e vivir a vida que desexa? O éxito en YouTube do videoclip Brides for Sae, canción inspirada na súa loita, abre unha porta á esperanza de cambiar o seu destino. Un retrato fascinante dunha moza en plena explosión creativa que contrasta coa falta de liberdade da sociedade na que lle tocou vivir.
VENDA DE LOCALIDADES:
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible