Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

OBK. Vértigo Tour

OBK celebra 35 anos de traxectoria con Vértigo Tour

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/05/2026

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 40,00 €

Palco: 40,00 €

Principal: 35,00 €

1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 33,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredita o desconto

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Catuti Produccións, SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Unha xira moi especial que percorrerá as principais cidades de España e onde o grupo máis importante da música electrónica deste país presentará os temas do seu novo álbum, incluído o seu exitoso primeiro lanzamento "Maldita Mujer".

Con "Vértigo Tour", OBK convida o seu público a reencontrarse cos grandes éxitos que están a marcar a varias xeracións e a gozar unha historia chea de emocións e enerxía sobre o escenario, nunha xira que promete converterse nun dos grandes acontecementos musicais do ano.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión