Pequeno taller de nanas para que as nais e os pais aprendan algunhas das melodías tradicionais para adormecer os seus bebés.
Familiar
Familias
Os días 20/11/2015 ás 18:30 , 21/11/2015 ás 12:00
Xa rematou
Dende o 03/11/2015
2 sesións de hora e media cada unha
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Familias con bebés de 0 a 3 anos e futuras/os nais e pais.
O obxectivo é que nais, pais e outros familiares poidan aprender a practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés e comezar a transmitirlles a lingua e a música.
Nas dúas sesións de que consta o taller, as persoas participantes aprenderán a lles cantar aos seus bebés diversas nanas galegas, tanto de autoría como populares.
Impartido por: o músico Xabier Díaz (de Berrogüetto e aCadaCanto) e que, entre outros proxectos, publicou hai catro anos o exitoso disco Arrolos de salitre, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego. Este disco foi editado xunto co músico Guillerme Fernández (tamén músico de Berrogüetto e aCadaCanto) e que tamén vai participar neste taller.
Número de prazas: 20 bebés de 0 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.
Inscrición: desde o 3 DE NOVEMBRO (ata completar as prazas), na conserxería do Ágora ou chamando ao 981 189 888.

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 01 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para á inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible