Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

OBRADOIROS DE BALDE DE MASAXE INFANTIL

Obradoiros para dar a coñecer a masaxe infantil coma ferramienta para promover a comunicación e a nutrición afectiva e ofrecer informacións sobre os seus beneficios, destinados a familias con bebés de 0 a 12 meses.

A quen vai dirixido?:

Familias con bebés de 0 a 12 meses

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

23/09/2015, de 11:00 a 18:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2015

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

Grupo de mañá: de 11.00 a 12.00 h

Grupo de tarde: de 17.00 a 18.00 h

Duración:

Unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde

Requisitos:

Inscrición previa: a partir do 15 de setembro até esgotárense as prazas, na conserxaría de Ágora ou chamando ao 981 189 888

N.º de prazas (cada grupo): máximo 12 familias (bebé acompañado por 1 ou 2 adultos)

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa do ciclo Bebescena outono 2015 (345 KB)

2 ORADOIROS DE BALDE DE MASAXE INFANTIL, destinados a familias con bebés de 0 a 12 meses, impartidos por Carla Console.

O obradoiro constará duhna parte informativa sobre a "arte" da masaxe infantil, unha pequena demostración da técnica e un xogo de tacto. Serán os pais os que lle realizarán a masaxe e o xogo ao propio bebé.

Os OBXECTIVOS principais dos obradorios son:

  • Acompañar as nais/pais na procura dun momento de dedicación exclusiva
  • Axudar a reforzar os vínculos afectivos positivos.Informar sobre os beneficios da masaxe para o bebé, os pais/nais, a familia e a sociedade
  • Ofrecer unha demostración práctica de masaxe
  • Presentar un xogo de tacto e ofrecer ideas para poder interactuar desde a experiencia do tacto

CONTIDOS:

  1. Presentación e benvida. Coméntaselles aos pais/nais que atender e responder as necesidades dos seus bebés fai parte do obradoiro e que os bebés dirixirán a miúdo o rítmo das actividades. Todos os bebés son benvidos cos seus sons e os seus estados anímicos.
  2. Historia e misión da IAIM e da AEMI
  3. Beneficios da masaxe infantil para os bebés, os pais/nais, as familias e a sociedade.
  4. Algúns conceptos claves do programa: pedir permiso e observación
  5. Práctica: versión adaptada para o obradoiro dunha masaxe de pernas e pés e un xogo de tacto
  6. Rolda de preguntas e despedida

Impartidos por: Carla Console.

  • Psicóloga infantil, especializada en Desenvolvemento Neuropsicomotriz de 0-3 anos
  •  Educadora de masaxe infantil certificada por IAIM e membro de AEMI (Asociación Española de Masaje Infantil)
  • En proceso de formación (anuais) en "Saúde Mental Perinatal" e en "Muller cíclica" (adolescencia, maternidade, menopausia)
  • Experiencia como psicóloga en centro educativo con nenes/as de 0 a 12 anos (2006-09)
  • Experiencia de dinamización en grupos de familias con bebés

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión