Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Obradoiros UDCiencia no Aquarium Finisterrae

Obradoiros experimentais sobre a vida mariña organizados polo grupo de divulgación e innovación docente UDCiencia d+i.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/04/2023

Xa rematou

Horario:

De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

A participación será libre para todas as persoas visitantes que aboen a entrada correspondente na recepción do Aquarium Finisterrae.

Organiza:

UDCiencia d+i e Aquarium Finisterrae-Museos Científicos

O Aquarium Finisterrae acolle o sábado 1 de abril catro obradoiros experimentais sobre a vida mariña organizados polo grupo de divulgación e innovación docente UDCiencia d+i.

As actividades estarán dirixidas por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña, en horario de 10.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 18.30 h.

A participación estará aberta a todas as persoas que visiten o Aquarium Finisterrae ese día.

A xornada será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en experimentos, xogos e actividades.

Nesta ocasión o contido dos talleres incluirá diseccións e outras actividades:

  • Os peixes. Farase unha disección dun peixe para dar resposta a estas preguntas: como se adaptan os peixes peláxicos para vivir na columna de auga?, cales son esas adaptacións?, nadan?, flotan?
  • Os cefalópodos. Estes moluscos desenvolveron características biolóxicas que os fan particularmente interesantes: non teñen cuncha externa, son capaces de camuflarse, teñen unha visión moi ben deseñada, e un padrón de pigmentación moi variado. A través da disección dun destes animais explicaranse todas estas características.
  • As pegadas da vida. Os seres vivos ás veces deixan evidencias físicas ou químicas do seu paso pola vida. Explicarase como se forman estas pegadas e faranse réplicas dalgúns dos fósiles coñecidos analizando e observando as súas características anatómicas e biolóxicas.
  • Baixo presión! O concepto de presión é fundamental para entender moitos procesos naturais e tecnolóxicos. Presentaranse experimentos nos que se xogará coa presión atmosférica ou hidrostática para transvasar ou aspirar auga ou accionar pontes levadizas.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión