O Concello da Coruña conmemorará este próximo sábado, 1 de abril, o Día Europeo da Artesanía promovendo e organizando máis dunha decena de obradoiros sobre oficios tradicionais, englobados baixo a denominación de Oficios en Acción.
Para público en xeral
Dende o 01/04/2023 ata o 01/04/2023, os sábados
Xa rematou
Para inscribirse: asociacion@galegadeartesans.org
Teléf.: 981 293 688 (das 9.00 ás 14.00 h)
Whatsapp: 616 539 251
As prazas serán ocupadas por orde de entrada, para o conxunto das tres canles.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde con inscrición previa
DÍA EUROPEO DA ARTESANÍA, 1 DE ABRIL NO CENTRO ÁGORA
Obradoiros de demostración de oficios artesáns:
Olaría (só pola mañá): Marilá: por petición das persoas asistentes á demostración, poderán intentar practicar no torno cerámico. (Só de mañá).
Tear baixo lizo. Belategui Regueiro
Talla de vidro: Eugenio Soto
Repuxado en coiro: Isaac Romero
Obradoiros abertos á participación:
Inscrición previa. En todos eles as persoas participantes levarán unha peza elaborada coas indicacións do artesán ou a artesá que imparta o obradoiro.
Cuaderna Maestra: para un máximo de 60 persoas pola mañá outras tantas pola tarde (10 persoas a un tempo máximo, 30 minutos por persoa). Tecido en alto lizo (pequenos tapices)
Ardentia: 6 pola mañá, 6 pola tarde. Esmalte ao lume sobre prata de lei.
Sanín: un máximo de 10 persoas. (Só pola tarde). Construción de pandeireta.
Mario López: 3 pola mañá, 3 pola tarde. Con algún coñecemento de manexo de ferramentas. Brazalete a partir de culler ou garfo de alpaca.
Casperlota: 20 persoas máximo pola mañá, outras tantas pola tarde. Impresión téxtil Hapa Zome.
Artesanía Nía: 6 pola mañá, 6 pola tarde. Elaboración de pulseira e pendentes coa técnica Miyuki.
30/05/2023
31/05/2023
02/06/2023
06/06/2023
07/06/2023
Dende o 31/05/2023 ata o 07/06/2023
Require inscrición
07/06/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible