Cancélase o concerto da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia o día 9 no Teatro Colón por motivos de saúde. Desculpen as molestias
Para público en xeral
09/01/2022
Xa rematou
Cancelado
DEVOLUCIÓNS: A devolución das localidades realizarase a través do mesmo sistema polo que foron adquiridas (do 10 ao 24 de xaneiro ambos inclusive). Desculpen as molestias.
IMPORTANTE
A nova normativa establecida polas autoridades sanitarias obriga aos espectadores de eventos artísticos en recintos cunha capacidade superior a 200 persoas a presentar documentación que acredite unha das seguintes circunstancias:
-Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
-Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na listaxe común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa.
-Que o titular recuperouse dunha infección pola SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ser diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.
Esta obriga estará vixente desde o 18 de decembro ata o 18 de xaneiro, tal e como recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_gl.html
Orquestra Nova da OSG
SON FUTURO
Desde a súa fundación en 1994 a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia permitiu a centos de mozos e mozas instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, Víctor Pablo Pérez, James Ross, Diego García Rodríguez, José Trigueros ou Joan Company entre outros.
A Orquestra Xove participou como orquestra de foso no Festival Mozart da Coruña, no que baixo a dirección de Alberto Zedda interpretou a ópera Os amores de Apolo e Dafne -cuxa edición discográfica figura no catálogo de Naxos-, compartiu escenario coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Sinfonía nº 8 de Gustav Mahler, Piñeiros de Roma de Ottorino Respighi ou a Sinfonía Alpina, entre outros importantes proxectos orquestrais e ofreceu concertos sinfónicos en Madrid, San Sebastián, Murcia, Valencia, León, Segovia e Xerez.
Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, a Orquestra Nova supón unha das poucas posibilidades reais de achegar aos futuros profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. Os mozos reciben unha completa formación musical por medio do traballo á beira dos profesores instrumentistas da OSG, das innumerables clases maxistrais de grandes profesores e intérpretes -nas que participaron artistas como Midori, Stephan Dohr, Wolfgang Klos, Anne Gastinel, Geneviéve Laurenceau ou Mario Brunello, entre outros- e do contacto diario co atril nos tres encontros anuais de que consta cada curso e nos que se abarca un repertorio que vai desde a música barroca ata a dos nosos días.

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible