
Visita o álbum de fotos desta actividade
O ciclo de música entre libros "Os xoves na Sagrada", pecha o ano cunha das voces máis carismáticas do noso país.
Para público en xeral
03/12/2015
Xa rematou
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
Este artista marinense, autodidacta e cunha longa traxectoria, leva media vida percorrendo as aldeas en busca de ritmos, coplas e danzas.
Despois de iniciar a súa carreira profesional xunto a Ugía Pedreira (Marful) e o grupo Ecléctica Ensemble, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, co que fixo series de concertos por escenarios de medio mundo.
Acaba de publicar o seu último traballo, Lobos, inspirado precisamente nos lobos, desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se converten en home. O disco foi presentado no mes de xullo no Calgary Folk Music Festival (Canadá).
Os temas deste traballo serán os protagonistas deste concerto. Temas feitos desde o corazón, como un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E desde esa enerxía local a súa música transfórmase en son global.
Tamén che pode interesar

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible