Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Decembro 2026 - DOCS DO MES - "La pietá", de Pepe Andreu

"La pietá", o documental do mes de decembro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/12/2026

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Duración:

82 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://docsbarcelona.com/es/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Docs do mes: La pietá, de Pepe Andreu

Documental

España, Islandia, Lituania 2026

82 minutos - VO en islandés e inglés subtitulado a español

Apta para todos os públicos

Hai máis dun século, Flosi Björnsson e os seus irmáns illáronse aos pés do maior glaciar de Islandia. Ningún casou nin tivo fillos; dedicaron as súas vidas ao glaciar antes de que ninguén falase do seu desxeo. A súa granxa permaneceu pechada ata agora. O fotógrafo Ragnar Axelsson regresa e invoca a voz de Flosi, que atrae a peregrinos. O glaciar canta un réquiem, envolto nun sudario branco.

Pepe Andreu

Pepe Andreu e Rafa Molés traballan xuntos na escritura de guión e a dirección de documentais desde 2013. As súas películas foron seleccionadas en festivais como San Sebastián, Visions du Réel, Dok.Munich ou Tesalónica. As súas obras anteriores inclúen Lobster Soup (2020), Picotazos contra el cristal (2019) e Five Days to Dance (2014).

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días da proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión