Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Perseidas na Casa das Ciencias

Do 9 ao 14 de agosto todas as sesións do planetario, excepto a das 17.00 h, dedicarán uns minutos a esta choiva de estrelas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/08/2024 ata o 14/08/2024

Xa rematou

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

A choiva de estrelas fugaces das Perseidas é unha das citas anuais máis importantes para as persoas afeccionadas á astronomía. Este ano a corrente de meteoros alcanza o seu punto álxido o luns 12 de agosto, aínda que a choiva de estrelas fugaces non é un fenómeno puntual, polo que poderemos seguir gozando delas nos días seguintes.

Este ano as noites contarán cunha Lúa crecente, que achega bastante luz á noite, polo que non será sinxelo observalas. No período de máxima actividade poden chegar a verse preto de 100 estrelas fugaces cada hora baixo un ceo moi escuro e despexado. A contaminación luminosa tamén fai que nas proximidades das cidades ou en zonas con forte iluminación o número de meteoros visibles diminúa considerablemente.

Entre o venres 9 e o mércores 14 de agosto as sesións do planetario da Casa das Ciencias, excepto a das 17.00 h, incluirán recomendacións para observar as Perseidas. Para asistir é preciso obter entradas o mesmo día da sesión, que se poden adquirir na recepción da Casa das Ciencias dende a apertura do museo ás 10.00 h.

Sen prismáticos

Para gozar das Perseidas non se precisan instrumentos ópticos, como prismáticos ou telescopios, nin se requiren coñecementos especiais de astronomía, xa que os meteoros pódense ver por toda a bóveda celeste. Iso si, todas as súas traxectorias parecen xurdir da constelación de Perseo (de aí o seu nome) que emerxe polo horizonte en dirección nordeste pasada a media noite.

As Perseidas tamén se coñecen como bágoas de San Lorenzo, xa que o día 10 de agosto está dedicado no santoral a este diácono de Roma que sufriu martirio asado nunha grella no ano 258. Pero en realidade non son outra cousa que diminutos restos do cometa Swift-Tuttle, que cun tamaño inferior ao de grans de arroz, entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un rastro luminoso que pode chegar a durar varios segundos. Este cometa achégase á Terra cada 120 anos no seu percorrido arredor do Sol, renovando a corrente de partículas que o noso planeta atravesa cada ano por estas datas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión