Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Pitusa Semifusa e os estilos musicais

Ven coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela!

A quen vai dirixido?:

Familiar

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

03/01/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/12/2017 ata o 03/01/2018

É necesario retirar un convite na páxina de ticketea para todas as persoas que vaian asistir, tanto para as crianzas como para quen as acompañe

Formulario de inscripción

Horario:

18:30 h

Duración:

Unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

Inscricións en ticketea a partir das 9.00 h do 26 de decembro

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística

Despois do éxito obtido co primeiro traballo de Pitusa Semifusa, Olga Brañas publicou Pitusa Semifusa e os estilos musicais, con cancións para coñecer o blues, o reggae, o funky, o swing, o hip hop... e non parar de cantar e de bailar! A vida está chea de cores e de sabores diferentes, tamén de estilos musicais. Pitusa Semifusa a través das súas cancións achéganos un mundo cheo de matices musicais que cómpre gozar e valorar na diversidade que sempre enriquece.

Olga Brañas é licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano. Estudou ademais harmonía e percusión. Dende moi nova destacou como pianista e pandereteira. Membro de Brañas Folk dende hai máis dunha década, onde deu mostras da súa habilidade xa non só como instrumentista senón tamén como compositora. Foi membro fundador de Folk Focus e da desaparecida Banda Tradicional de Gaitas Ourensá. No mundo da música, a súa traxectoria e inquedanzas levouna a colaborar cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote... 

'Pitusa Semifusa' foi a súa primeira incursión na música infantil, agora respaldada por este segundo traballo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión