Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Poetas e profetas: William Blake en Seoane e a cultura galega

Dirección Cecilia Marchetto Santorun

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/10/2022 ata o 07/10/2022

Xa rematou

Horario:

De martes a domingo

11.00 h - 15.00 h   17.00 h- 21.00 h

Pechado os luns e os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Organiza:

Fundación Luís Seoane

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

William Blake é unha icona do Romanticismo anglófono que influíu en referentes da poesía en inglés como W. B. Yeats e Allen Ginsberg, pero tamén cruzou fronteiras, atraendo a poetas do mundo hispano como Juan Ramón Jiménez ou Luís Cernuda, ademais de moitos outros artistas europeos, converténdoo nun referente obrigado de calquera artista interesado na visión imaxinativa, a rebeldía poética e a integración da palabra e a imaxe.

Nunca antes se falou de que Blake puidese ter influencia na nosa cultura ou literatura galegas por medio do rito do paso poético que é ler a Blake, pero se investigamos nas cartas e na obra de Luís Seoane -o mellor análogo posible de Blake en Galicia, por gravador e poeta-, nos ensaios de Plácido Castro ou nas traducións de Cunqueiro, é posible ver que Blake formou parte do esforzo dos artistas galegos por universalizar Galicia e a lingua galega.

Todos eles indican que a inspiración en Blake pode ser de relevancia para entender certos aspectos da conformación da literatura galega durante unha etapa da súa historia e a interacción dos artistas galegos con outras.

Este curso está aberto a estudantes de grao, máster ou doutoramento, investigadores e profesores de calquera ámbito e nivel, así como a artistas, creadores, axentes do ámbito cultural, museístico e de patrimonio e ao público xeral que poida estar interesado neste tema.

Cecilia Marchetto Santorun - Directora

+ info: Folleto.pdf

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión