Nova presentación, nesta ocasión no cine do Fórum Metropolitano
Personas adultas, Juvenil
15/12/2021
Ya ha finalizado
Acceso libre ata completar capacidade.
De 19.30 h. a 20.30 h.
Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Sala Marilyn Monroe
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
O próximo mércores 15 de decembro, no Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "¿Lidia o Vitoria?" de Luis M. Gurriarán publicado por Punto Rojo Libros.
Luis M. Gurriarán Rodríguez:
O Barco de Valdeorras (Ourense) 1948. Aos seus máis de 72 anos segue pensando que é aprendiz de todo e mestre de nada. A súa vida profesional transcorreu en postos de responsabilidade e como empresario de varias sociedades relacionadas co turismo e a hostalaría. Colaborou profesionalmente á apertura actual da Residencia de Estudantes de Madrid. Foi Presidente da Asociación Provincial de Hoteis e Directivo da Confederación de Empresarios, Cámara de Comercio e ATUDEM. Actualmente xubilado é Vicepresidente da Fundación FONTE, sen ánimo de lucro, de axuda a novos emprendedores.
Defensor sen concesións dos Deberes e Dereitos das persoas e da Liberdade, segue estudando e participa en aulas, talleres e foros de discusión.
Tras a súa Novela Histórica"La Ruta de las Estrellas", unha guía de viaxe "Rutas por Galicia" e "La verdadera Historia de la Puta Mili", agora pon a disposición do lector a novela "¿Lidia o Vitoria?".
Sinopse:
Lidia é unha muller que tras unha serie de vivencias normais de adolescencia e mocidade deixa os seus estudos para casar, traslada o seu lugar de residencia por esixencia laboral do seu marido e pasa dunha etapa de felicidade absoluta coa súa parella aos malos tratos. Nunca renuncia a refacer a súa vida.
Entre unha serie de casuais e estrañas circunstancias cambia de nome, de identidade, de cidade, de relacións e costumes, aínda que sempre hai algo que lle fai volver sobre o seu pasado.
A maior parte da trama distribúese especialmente entre Madrid, Las Palmas e París.
A través da novela discorre a vida de maltratada e maltratador narradas en primeira persoa cara a un desenlace sorprendente.
También te puede interesar
22/04/2024
23/04/2024, de 19:00 a 20:30
Entrada libre ata completar a capacidade.
Los días 30/11/2023 a las 18:30 , 25/01/2024 a las 18:30 , 14/03/2024 a las 18:30 , 25/04/2024 a las 18:30
Los días 10/04/2024 a las 10:30 , 15/04/2024 a las 19:30 , 18/04/2024 a las 18:30 , 23/04/2024 a las 19:30 , 25/04/2024 a las 19:30 , 26/04/2024 a las 11:00
29/04/2024
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible