Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro: "Mi vida en una poesía", de Ana Isabel González Ramil

Ana Isabel González Ramil presenta na Biblioteca Ágora "Mi vida en una poesía". Achégate a descubrir a súa voz poética!

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

11/06/2026

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

19.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

O xoves 11 de xuño ás 19.00 horas a Biblioteca Municipal Ágora acolle a presentación do libro "Mi vida en una poesía", de Ana Isabel González Ramil.

Publicado en Talón de Aquiles en 2025, este poemario reúne un total de 60 poemas entre os centos que autora escribiu durante a última década.

O evento será presentado polo filósofo e escritor Pedro Feal Veira, quen ao longo da súa traxectoria profesional combinou a docencia de filosofía en diversos institutos galegos coa escritura.

Descubre máis sobre o poemario

Esta obra é un compendio de experiencias, vivencias e sentimentos que levo ás miñas costas, marcando momentos da miña vida que agora son inesquecibles.

Amarguras e desgustos, pero tamén alegrías e satisfaccións.

Penurias que inundan o noso mundo, pero tamén esperanza para convertelo en único.

Só desexo que os meus poemas cheguen a todos os corazóns dos meus lectores, porque as miñas vivencias son similares ás de calquera.

Unha experiencia de vida convertida en poesía.

(Ana I. González Ramil)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión