Alimenta os teus medos coa obra "Momentos casi perfectos para morir"
Persoas adultas
26/02/2022
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
12.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Da man da súa autora Pilar Alvarellos descubriremos o libro de relatos de terror "Momentos casi perfectos para morir", publicado no mes de xaneiro de 2022 pola editorial Angels Fortune.
En palabras da propia Pilar, os mitos e lendas que lle contaban de nena sobre aparicións, pantasmas e seres mitolóxicos que moraban nos bosques galegos, en brazos da súa avoa mentres o lume chispeaba na lareira formando sombras, avivaban a súa imaxinación e marcou o seu camiño: escribir relatos sobre aqueles temas que tanto lle fascinaban e que ás veces non lle deixaban durmir.
Sinopse (Angels Fortune Editions)
66 historias de terror. 6 momentos casi perfectos para morir.
Unha noite sen lúa, a loucura colleume da man e levoume polo sendeiro do misterioso, fantástico, tenebroso. Mostroume a morte en forma de can, de xoguetes en miniatura, de demos, asasinos en serie, en seres doutros planetas, paxaros, coitelos usados en rituais aos deuses. Amosoume o que a desesperación fai ás persoas, historias sen finais felices. A loucura posuíu a miña mente e comecei a divagar, soa, perdida en medio da escuridade da miña mente, ás veces albiscaba algo de esperanza, pero de forma fugaz, como un chisco de sal necesario para aderezar o caldeiro da morte nas profundidades do averno.
Tamén che pode interesar

04/04/2026

05/04/2026

Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026

06/04/2026
Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

07/04/2026
Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

07/04/2026
Dende o 31/03/2026 ata o 07/04/2026
Require inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible