Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)
Personas adultas
04/05/2022
Ya ha finalizado
Entrada libre ata completar a capacidade.
18.30 horas.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981 189 886
Encontro con Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021 por "Virtudes (e misterios)", dos clubs de lectura da rede de Bibliotecas Municipais.
Moderará o acto Lorena Gómez e o autor estará acompañado pola escritora Antía Yáñez e a bibliotecaria Luisa Lis.
Xesús Fraga (Londres, 1971)
Licenciado en Periodismo pola Universidade Pontificia de Salamanca, Xesús Fraga desenvolve a súa carreira como redactor de La Voz de Galicia desde o ano 1997. No eido literario, cultiva diversos xéneros desde a narrativa e infantil e xuvenil ata narrativa para adultos.
Ao longo da súa traxectoria, Fraga foi recoñecido con importantes galardóns como Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil no ano 2013 por "Reo" e co Premio Nacional de Narrativa en 2021 por "Virtudes (e misterios)", tamén galardoada co Premio da Crítica de Galicia.
Para ampliar información, pódese consultar en Calameo o dossier informativo elaborado para os participantes dos clubs de lectura.
También te puede interesar
19/05/2024
19/05/2024
19/05/2024
Desde el 15/05/2024 hasta el 19/05/2024
19/05/2024
20/05/2024
Desde el 13/05/2024 hasta el 20/05/2024
Require inscrición.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible