Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras", posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura nos meses da primavera (marzo/maio).
Infantil, Familias
31/03/2022
Entrada libre ata completar capacidade.
Ya ha finalizado
18.30 horas.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Calle Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 184 388
Encontro-obradoiro co escritor Antonio García Teijeiro, especialista en literatura infantil e xuvenil que compaxina a súa faceta creativa coa de mestre e crítico literario.
Son moitos os recoñecementos que tiveron as súas obras, pero co libro Poemas ao mar, alzouse co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2017.
EN QUE CONTISTE A ACTIVIDADE
É unha actividade pensada para unha toma de contacto co proceso creativo dun libro e como se crean as historias que habitan nel.
No encontro os nenos e nenas poderán experimentar cunha dinámica de xogo como é iso de escribir, como se busca a inspiración, ademais de ver e escoitar a un escritor que conta e publica historias para o público infantil.
Aínda que os nenos e nenas son os protragonistas a actividade está aberta ao público adulto: familias, docentes, etc. Eles tamén terán o seu sitio reservado.
Antonio García Teijeiro
Ademais do Premio Nacional foi e é recoñecido con importantes premios. Recibiu os premios Merlín pola obra Na fogueira dos versos (1996), libro co que entrou na listaxe de honra do IBBY, o Premio Europeo "Pier Paolo Vergerio", promovido por la Universidade de Padua (1998) e o Premio de poesía "Illas Sisargas" co poemario Arredor do teu corpo (2006), entre outros.
Os seus libros son lidos por miles de escolares, con máis de trinta poemarios editados para a xuventude e con poemas incluídos en numerosas antoloxías, tanto en galego como en castelán ou catalán, en España e Latinoamérica.
Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos galegos e por intérpretes da altura de Antón Seoane e Paco Ibáñez.
Actividades relacionadas

06/04/2026
Desde el 03/04/2026 hasta el 06/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

07/04/2026
Desde el 03/04/2026 hasta el 07/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

09/04/2026
Desde el 06/04/2026 hasta el 09/04/2026

10/04/2026
Desde el 06/04/2026 hasta el 10/04/2026
Require inscrición

11/04/2026
Desde el 04/04/2026 hasta el 11/04/2026

12/04/2026
A venda de entradas activarase o 10 de abril ás 11:00 h.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible