As solicitudes de renovación e traslado de praza, para aqueles/as menores que xa se atopen matriculados na REIM do Concello da Coruña no curso 2025-2026, poderán presentarse entre o 9 e o 12 de marzo na secretaría da escola infantil na que se desexe ingresar.
Para público en xeral
Dende o 09/03/2026 ata o 12/03/2026
Coa publicación das bases reguladoras do proceso de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2026-2027, o Concello da Coruña dá comezo a unha nova convocatoria para a solicitude de praza nas escolas infantís de face ao próximo curso.
Entre os días 9 e 12 de marzo abrirase o prazo para que os/as proxenitoras, titores/as ou representantes legais dos/as menores que xa se atopen matriculados na REIM do Concello da Coruña no curso 2025-2026, e que así o desexen, poidan renovar a praza para o próximo curso 2026-2027, tendo dereito a reservar unha praza na escola infantil onde están matriculados.
Tamén poderán solicitar, no mesmo período, o traslado da súa matrícula a outra escola da REIM, sempre que existan prazas libres nesa escola e que se cumpran unha serie de condicións.
En ambos os casos, a solicitude presentarase na secretaría da escola infantil na que se desexe ingresar, no seu horario de apertura.
Calendario do proceso de admisión
| Trámite | Data/prazo |
|---|---|
| Prazo de solicitude de renovación de praza | Do 9 ao 12 de marzo |
| Prazo de solicitude de traslado de praza | Do 9 ao 12 de marzo |
| Publicación de prazas vacantes para o curso 2026/2027 | 13 de marzo |
| Pre inscrición en liña e solicitude por rexistro | Do 16 ao 30 de marzo |
| Publicación das solicitudes presentadas | 4 de maio |
| Prazo de presentación de alegacións e emenda contra a listaxe de solicitudes | Do 5 ao 18 de maio |
| Publicación da resolución provisional | 8 de xuño |
| Prazo de presentación de alegacións contra a resolución provisional | Do 9 ao 22 de xuño |
| Publicación da resolución definitiva | 30 de xuño |
| Prazo de matrícula | Do 1 ao 10 de xullo |
Máis información sobre o proceso de admisión na REIM: Proceso de admisión
Documentos relacionados

14/03/2026

Dende o 16/03/2026 ata o 30/03/2026

Dende o 14/02/2026 ata o 31/03/2026

24/04/2026

22/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible