A reunión, dirixida ao profesorado e os centros interesados en participar no programa, terá lugar o martes 21 de outubro, ás 17:00 horas, no Coliseum.
Para público en xeral
21/10/2025
Xa rematou
Ás 17:00 horas.
Banda Municipal de Música
O vindeiro martes 21 de outubro, ás 17:00 horas, celebrarase, no Coliseum da Coruña, unha reunión informativa dirixida ao profesorado e os centros interesados en participar no programa educativo Vaia Banda 2025-26 .
Este programa permitirá ao alumnado de Educación Primaria e Educación Especial dos centros da cidade, participar, como oínte ou activamente, nunha sesión/concerto da Banda Municipal de Música.
Os centros educativos doutros concellos próximos (Oleiros, Culleredo, Sada, Betanzos...) tamén poderán participar, aínda que terán preferencia os centros da Coruña.
No que respecta ao prazo de inscrición, permanecerá aberto entre o mércores 22 de outubro e o venres 7 de novembro.
Máis información e inscricións na páxina do programa: Vaia Banda 2025-26
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible