Os proxectos pódense presentar ata o día 6 de maio, a través do formulario de inscrición correspondente. O día 18 de maio publicarase o proxecto gañador.
Para público en xeral
Dende o 06/03/2026 ata o 06/05/2026
Prazo de presentación de proxectos: desde o 6 de marzo ata o 6 de maio de 2026.
Os Premios de Innovación do Foro Europeo de Educación de Galicia "Rafael Rodríguez Martín", buscan identificar, recoñecer e promover a grupos de docentes comprometidos e comprometidas coa innovación educativa en Galicia, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas.
Solicitude e prazos de presentación
O formulario de inscrición aos premios é o seguinte: https://forms.gle/2kdCZ5G3Kq9Srxbw8
Este formulario permitirá enviar todos os datos de contacto necesarios para o rexistro do proxecto, así como os arquivos coa documentación necesaria para a valoración do proxecto.
Os traballos recibiranse desde o 6 de marzo de 2026 ata o 6 de maio de 2026.
A publicación do proxecto gañador realizarase o 18 de maio de 2026.
Bases e información
As bases, así como toda a información sobre o programa, pódense consultar a través da seguinte ligazón: https://feaegalicia.es/vi-convocatoria-de-premios-innovacion-feae-galicia/
Para calquera dúbida en relación á inscrición do proxecto poden poñerse en contacto coa organización na dirección de correo feaegalicia@gmail.com

Dende o 09/03/2026 ata o 12/03/2026

14/03/2026

Dende o 16/03/2026 ata o 30/03/2026

Dende o 14/02/2026 ata o 31/03/2026

24/04/2026

22/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible