"Mauthausen, la voz de mi abuelo" quere transmitir o testemuño real dun protagonista da nosa historia recente (Manuel Díaz), a partir dos recordos gravados directamente por el antes de morrer, aos que dá vida a súa propia neta, quen relata con humor abraiante a súa propia experiencia no campo de concentración nazi.
Para público en xeral
16/04/2021
Xa rematou
20.30 horas
60 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
* Para aplicar os descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo.
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
"Mauthausen, la voz de mi abuelo" é un canto á vida, á fortaleza do ser humano, á solidariedade e ao humor como unha estratexia, literalmente de supervivencia.
Imma González dálle voz ao seu avó e é capaz de transmitir a forza do relato, carga o texto, os seus movementos e as súas accións non soamente de sentimento, tamén dun respecto e unha convicción que atrapan as persoas espectadoras e fan de Mauthausen un espectáculo substancial, conmovedor, divertido e con anxo.
A súa mirada franca, ao nivel do chan, e o seu sentido do humor, contrastan coa ferocidade dos sucesos. Non hai elaboración intelectual nin partidaria nos seus puntos de vista, directos e francos. A interpretación coloquial sen asomo de ambición, directa á alma, manteñen un ritmo vivo, ben respirado: Inma González fálalle a cada espectador/a ao oído, responde as súas reaccións con espontaneidade e é relatora e suxeito do relato ao mesmo tempo.
Compañía: Trajín Teatro
Idioma: castelán
Dirección e dramaturxia: Pilar G. Almansa
Intérprete: Inma González
Espazo escénico: Pilar G. Almansa e Inma González
Espazo sonoro e música orixinal: Luís Miguel Lucas
VENDA DE LOCALIDADES
03/05/2024
03/05/2024
04/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible