Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sés: "Opoñerse á extinción"

Sés presenta o seu novo disco "Opoñerse á extinción". *Nova data para outro concerto o día 28 de decembro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/12/2016 ata o 29/12/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

16'00, 14'00, 12'00, 10'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%)

Televenda:

Ticketea

Nunca se foi, pero xa volve SÉS, rebosante de enerxía cun novo disco debaixo do brazo. Chámase "Opoñerse á extinción" e estará na rúa o 2 de decembro con once temas.

A estrea en directo terá lugar no Teatro Rosalía Castro.

Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha Sés que segue sendo pura forza, inconformismo e paixón. Nel segue a liña do seu inconfundible estilo que a levou a converterse na artista máis relevante do país nos últimos anos e nun auténtico fenómeno social que non deixa de crecer.

Ela mesma define así este cuarto disco: "Opoñerse á extinción é a síntese da actitude que mostra o disco. A honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que intentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor".

Este novo traballo continúa na liña dos discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.

A Sés compositora vai crecendo e madurando, aínda que segue tratando os temas de sempre: o amor en todas as súas versións, sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.

Venda de entradas:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Venda telefónica: 902 044 226

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión