Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Slayer + Anthrax + Kvelertak

Tras a saída do seu novo disco Repentless, SLAYER actuará no noso país xunto a ANTHRAX e a KVELERTAK para ofrecernos unha das actuacións máis esperadas do outono.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/10/2015

Xa rematou

Horario:

19.00 h. (apertura de portas).

20.00 h. (comezo do concerto).

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Anticipada (ata as 23:59 h. do 30.10.2015) : 40,00 € + gastos de distribución; día do concerto: 47,00 €.

Televenda:

Ataquilla.com

Ao principio, cando non existían plans nin camiños establecidos, SLAYER asaltou o mundo co seu novo híbrido de metal e punk. Máis heavies, máis rápidos e máis escuros cós demais, Slayer estableceu o novo patrón que outros países seguirían despois. Slayer é a banda coa que se compara a outros artistas de Metal, e que definen non só un xénero musical senón unha actitude.

Durante case tres décadas, as brutais arremetidas de Slayer outorgáronlles o título de ser a banda de trash-metal máis grande do planeta.

Os americanos lanzaron ao mercado o pasado 11 de setembro o seu novo disco “Repentless” e embarcáronse nunha serie de actuacións por Europa para presentar o que os traerá a Bilbao, A Coruña, Madrid e Barcelona. Clásicos como “Raining Blood”, “Angel of Death”, “Seasons in the Abyss” e moitos outros servirán para invadir de thrash o noso país o próximo outono.

Pero Slayer non veñen sós, ANTHRAX e KVELERTAK acompañaranos nesta serie de actuacións.

Anthrax non visitaron as salas do noso país desde hai varios anos e veñen con moitas ganas de descargar a súa thrash tan ben perfilada en himnos como “Madhouse”, “Got The Time” ou en "Antisocial", cuxa versión fixeron tremendamente popular entre o público.

Kvelertak será a banda que abrirá os shows. Kvertelak deu lugar a moi bos traballos como o máis recente “Meir”. Os noruegueses son capaces de mesturar o rock n'roll, black metal e punk, algo que fai dos seus shows unha auténtica bomba de reloxaría.

Bilbao, A Coruña, Madrid e Barcelona vestiranse de luxo os próximos meses de outubro e novembro para recibir a SLAYER xunto a ANTHRAX e KVELERTAK. Unha oportunidade única que non debes perder.

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h. (pagos en efectivo).

Sede Afundación: de luns a sábado (inclusive festivos) de 9.00 a 21.00 h.

Despacho de billetes Coliseum: unicamente día do concerto desde as 16.30 h. (pagos en efectivo).

Televenda: 902 504 500.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión