Presentación do seu novo traballo discográfico "Vendima tarda", coa participación da coral Cantigas e Agarimos.
Para público en xeral
18/04/2015 ás 23:59
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12'00, 10'00, 8'00, 6'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas.
Treixadura constitúe dende 1990 un espectáculo sorprendente. A música tradicional observada dende dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, elevando a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.
Un feito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co feito de entender hoxe a música tradicional.
25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográfica e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
O grupo está formado por: Toniño López (tambor e pandeireta), César Longa (acordeón), Pablo Nogueira (gaita e percusión), Magoia Bodega (gaita e bombo), Xaquín Xesteira (gaita e percusión).
Orfeón Treixadura (10 voces): Alberte Raposo, Toño D. Fontenla e Delio Domínguez (tenores); Antón Cabaleiro, Pablo Rei, Xurxo Raposo e Mingos Lorenzo (barítonos); Álvaro Lamas, Gustavo Cuntín e Moncho Marín (baixos).
Treixadura foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Codax, entregados en decembro do 2013, como Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.
No 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo para a recuperación tradicional galega.
Venda de entradas:
Despacho da central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h
Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9 a 21 h
Venda telefónica: 902 504 500

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible