I Xornada de Literatura e cinema
Para público en xeral
28/11/2015
Xa rematou
- 9.30: Recepción, entrega de material e inauguración.
- 10.00–12.00: Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia). Manolo González. Interaccións entre a literatura galega e o cinema e algunhas aplicacións para a aula.
- 12.00–13.00: A cicatriz branca. O corpo da fala (mesa redonda). Margarida Ledo Andión e Eva Veiga.
As pasaxes entre o texto escrito, a imaxe e o imaxinario. Atopar o "seu lugar no mundo" como proceso de apropiación do propio corpo, mesmo do corpo da fala: a viaxe, no mellor dos casos, de tantas mulleres forzosamente transterradas.
- 13.00–14.00: Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro). Antía Otero.
Presentarase a experiencia de idear unha peza de videopoesía máis aló do seu soporte técnico. A intención é a de pararse a analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación sen perseguir un resultado físico. Un convite a editar contando.
- 16.00–18.00: De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro). Celia Parra.
Unha fiestra para coñecermos as particularidades deste xénero entre o poético e o audiovisual. Exploraremos definicións, tipoloxía, creadoras e creadores referenciais, exemplos de videopoemas, videopoesía en Galicia e recursos na rede para aplicar nas aulas.
- 18.00–20.00: Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia). Martin Pawley.
O Proxecto NIMBOS é unha serie de curtas realizadas por diversos cineastas -non só de Galiza- inspirados en poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro (1914-1990).
1 día
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
A matrícula é gratuíta e preferente para soci@s da AELG e da AS-PG.
A entrada é libre até completar aforo.
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Avda. Alfonso Molina, s/n, Edif. de Sindicatos, 8º
15008 - A Coruña
Tels.: 981 133 233 / 696 581 971
A AELG en colaboración coa AS-PG e o apoio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña organiza esta xornada co fin de achegar a vinculación histórica da literatura coa súa proxección a través da imaxe.
Busacarase
Afondar nas relacións interdisciplinares das diferentes artes.
Ofrecer pautas de metodoloxía didáctica interactiva a redor da experiencia poética.
Experimentar novos soportes técnicos vinculados á lectura.
Analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación.
Metodoloxía:
Alternarase a intervención teórica das participantes coa proxección parcial de filmes e curtas vinculadas coa literatura galega.
Promoverase o coloquio e a participación activa a través dos coloquios e dos obradoiros vinculados á creación da videopoesía.
Solicitada a homologación á Consellería de Educación por 8 horas lectivas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible