Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"V Intercambio Escolar Eixo Atlántico ": prazo de inscrición e presentación da memoria

Os centros interesados en participar no programa poderán inscribirse entre o 12 e o 31 de xaneiro. Posteriormente deberán presentar a memoria coa proposta do proxecto antes do día 27 de febreiro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/01/2026 ata o 27/02/2026

O prazo de inscrición finaliza o día 31 de xaneiro, pero a memoria poderase presentar ata o 27 de febreiro.

Documentos:

Bases_V_IntercambioEscolarEixo_2025-26.pdf (167 KB)

O programa educativo V Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2025-26 , que busca facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares, abre o prazo de inscrición o vindeiro luns 12 de xaneiro.

Os centros interesados en participar deberán inscribirse, a través da ficha específica, antes do 31 de xaneiro. Seguidamente, deberán presentar a memoria coa proposta do proxecto antes do día 27 de febreiro. As memorias presentaranse a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "V Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".

Máis información na páxina do programa: V Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2025-26

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión