Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo do municipio portugués de Guimarães.
Os intercambios escolares terán lugar durante 3 días nos meses de abril e/ou maio de 2026.
Só da Coruña
Educación
Outras
Público
Alumnado que curse 5º ou 6º de Educación Primaria durante o curso 2025/2026, pertencente a un centro público do municipio da Coruña.
Un grupo escolar formado por un máximo de 30 participantes (entre o alumnado e 2 docentes).
Gratuíto
Os concellos da Coruña e Guimarães faranse cargo de todos os gastos (desprazamentos, aloxamento e comidas, seguros de viaxe e de responsabilidade civil e acompañamento) e do apoio na organización de vistas e itinerarios polas súas respectivas cidades.
O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteiriza de Dereito Público, formada por Municipios e Entidades da Administración Local que integran o sistema urbano da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, que inclúe ao Concello da Coruña.
O grupo de traballo de Educación e Cultura do mencionado Eixo leva varios anos desenvolvendo o proxecto Intercambios Escolares, cos seguintes obxectivos:
Os intercambios terán lugar durante 3 días nos meses de abril e maio de 2026, nas datas que se determinen por ambos os municipios, de acordo cos centros educativos participantes.
No sorteo, realizado o 11/12/2025, resultou que o emparellamento é coa Cámara municipal de Guimarães.
Pola súa banda, o centro da Coruña seleccionado para participar no programa, tras a reunión da comisión de valoración o pasado xoves 5 de marzo, é o CEIP de Prácticas.
SERVIZOS
REQUISITOS
PRESENTACIÓN DA MEMORIA
Os grupos participantes deberán presentar unha Memoria, coas seguintes características:
FORMA E PRESENTACIÓN DA MEMORIA
A Memoria presentarase a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "V Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".
Dende o 12/01/2026 ata o 29/05/2026
Dende o 12/01/2026 ata o 31/01/2026
As memorias presentaranse a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "V Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".
As condicións do programa están recollidas nas bases reguladoras do Concurso V Intercambio Escolar do Eixo Atlántico 2025/2026, que se publicarán proximamente.
Concellos da Coruña e Guimarães (Portugal), coa colaboración do Eixo Atlántico .
Intercambio Escolar Eixo Atlántico . Bases del concurso de selección 2025-26 (167 KB)
Novas relacionadas
Eventos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible