Visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae: laboratorio, cociña, corentenas e salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares.
Persoas maiores de 16 anos.
Para público en xeral
22/11/2025
Xa rematou
As entradas poden adquirirse desde as 9 horas do 19 de novembro nesta ligazón.
Sábado 22 de novembro de 2025, de 11.30 a 13.30 horas.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
12
10,30 euros por persoa.
Gratis para membros de Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares de Cartón Vente e persoas con discapacidade.
As entradas poden adquirirse desde as 9 horas do 19 de novembro nesta ligazón.
O itinerario discorre por corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.
Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man de persoal técnico do acuario, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida tamén para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.
A actividade está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos e terá lugar o sábado 22 de novembro ás 11.30 horas.

11/03/2026
Dende o 04/03/2026 ata o 11/03/2026
Require inscrición.

12/03/2026

12/03/2026

12/03/2026

Dende o 27/01/2026 ata o 12/03/2026

12/03/2026
Sesión cancelada por peche da biblioteca.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible