As visitas, que se ofrecerán ás persoas que visiten o Aquarium, realizaranse os días 8, 9 e 10 de xuño ás 17.30 horas.
Para público en xeral
Dende o 08/06/2022 ata o 10/06/2022
Xa rematou
Os días 8, 9 e 10 de xuño ás 17.30 horas.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.
O 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos e con ese motivo o Aquarium Finisterrae organiza unha actividade de visitas guiadas nas que se fará un percorrido polos módulos do centro dedicados aos mares.
A visita comezará na Oceanosfera, o proxector esférico dixital que recrea procesos a escala global, coa proxección de «Planeta azul», dedicado á auga.
A continuación farase unha parada no módulo dedicado á salinidade, lembrando que a maior parte da auga no noso planeta está nos océanos. Tamén se visitará o módulo das correntes mariñas, e o dedicado ás mareas.
Ademais, partindo de que o océano é unha parte indisoluble da historia e cultura da humanidade, abordarase o espazo «Historias dos mares», onde se contará a orixe dos nomes dos océanos e algunhas anécdotas curiosas.
A visita guiada finaliza nos tanques de gran volume de Maremagnum, onde o público asistente poderá identificar as principais especies que poboan as principais paisaxes submarinas da costa atlántica.

22/12/2025

23/12/2025

26/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025

29/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible