A gala de entrega de premios realizarase o venres 12 de xuño, ás 17.00 horas, no Fórum Metropolitano.
Todos os públicos
Para público en xeral
12/06/2026
Xa rematou
16.45 h: apertura de portas ao público
17.45 h: apertura de portas ao público
18.15 h: apertura de portas ao público
2 horas
300
Entrada libre e gratuíta
Concellería de Educación, Formacién e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña
Servizo Municipal de Educación
Correo electrónico: educacion@coruna.gal
Teléf.: 981 184 200 ext. 10127
O programa educativo municipal XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26 pecha a súa XXXV edición coa celebración da gala final de entrega de premios, que terá lugar o venres 12 de xuño, ás 17.00 horas, no Fórum Metropolitano.
Na gala, que estará presentada por Mariña Pena Blanco os grupos gañadores representarán as súas obras e recibirán os premios correspondentes (un cheque por valor de 100 € para cada un dos grupos gañadores), que serán entregados polo concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez. Tamén se entregarán as mencións especiais por parte do xurado.
Todas as obras teatrais foron valoradas (pola súa orixinalidade ou adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, a dramatización e a coordinación do grupo) por un xurado composto por:
Premios e mencións especiais:
Tras a visualización das obras ou das súas gravacións e de acordo coas puntuacións emitidas polo xurado, baseándose nos criterios de valoración reflectidos nas bases do programa (orixinalidade ou adaptación do texto; orixinalidade do vestiario e maquillaxe; orixinalidade da escenografía e a iluminación; corrección e fluidez lingüística; e dramatización e coordinación do grupo), resolveuse outorgar os premios de cada categoría ás seguintes obras:
|
CATEGORÍA |
OBRA |
CENTRO EDUCATIVO |
|
EDUCACIÓN INFANTIL |
What the ladybird heard |
CPR OBRADOIRO |
|
Isabel e o barco da saúde |
EIM LUÍS SEOANE |
|
|
EDUCACIÓN PRIMARIA |
Tortura disfrazada de excursión |
CEIP CIDADE VELLA |
|
EDUCACIÓN SECUNDARIA |
Memorias dun esquelete |
IES MONTE DAS MOAS |
Ademais, o xurado resolveu outorgar as seguintes mencións especiais (sen dotación económica) ás seguintes obras:
|
MENCIÓNS ESPECIAIS |
OBRA |
CENTRO EDUCATIVO |
|
MELLOR ESCENOGRAFÍA |
Isabel e o barco da saúde |
EIM LUÍS SEOANE |
|
MELLOR VESTIARIO |
Alicia en el País de las Maravillas |
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ |
|
MELLOR OBRA DE CREACIÓN COLECTIVA |
La boda que salió rana |
CPR FOGAR DE SANTA MARGARIDA |
|
MELLOR ADAPTACIÓN |
Tres pelos de oro de la cabeza del diablo |
CPR FRANCISCANOS |
Documentos relacionados

26/06/2026
Realizarase un ensaio o luns 22 de xuño, ás 16.30 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible