Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26

Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.

Os grupos participantes distribuiranse en 3 categorías: infantil, primaria e secundaria.

O SME poderá variar a composición das 3 categorías, en función do número de grupos inscritos de cada nivel educativo co obxecto de equilibrar o número de grupos que compitan en cada categoría.

Horario:

Escolar e extraescolar

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Ten como finalidade potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado, mediente representacións teatrais en diferentes escenarios, e fomentar a convivencia entre os grupos teatrais escolares.

Obxectivos específicos:

  • Potenciar o desenvolvemento da imaxinación, a creatividade e a autoestima.
  • Aprender a controlar o medo escénico.
  • Mellorar as habilidades de comunicación e a oratoria.
  • Mellorar a expresión corporal.

Condicións do programa

1. Os centros poderán inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:

  • Educación infantil e primaria: un máximo de 3 grupos por centro.
  • Educación secundaria: un máximo de 2 grupos por centro.

2. Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutro centro da mesma etapa educativa e recibirá ao grupo de teatro dese centro, de maneira que será grupo anfitrión e grupo visitante.

3. As obras de teatro poderán ser representadas en horario escolar ou extraescolar

4. As representacións teatrais da Mostra axustaranse, como mínimo e máximo, á seguinte duración:

  • Educación infantil: entre 10 e 20 minutos.
  • Educación primaria: entre 15 e 30 minutos.
  • Educación secundaria: entre 30 e 60 minutos.

5. Deberes dos grupos participantes:

  • Garantir a presenza dunha persoa responsable durante a representación, que reciba e atenda ao grupo visitante.
  • Contar cun espazo idóneo e os recursos necesarios para a representación da obra.
  • O público asistente deberá estar formado por alumnado de idades similares e idóneas á temática das obras
  • Facilitar a convivencia entre os membros dos grupos visitante e anfitrión.
  • Cumprir co calendario e horarios establecidos para as representacións, como grupo anfitrión e visitante.
  • Xustificar debidamente coas facturas correspondentes todos os gastos xerados pola realización da actividade e relacionados coa obra representada.

Calendario de representacións

Nesta XXXV edición participarán 13 centros educativos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Educación Secundaria da cidade, cun total de 15 grupos de teatro: 2 de Educación Infantil, 9 de Educación Primaria, e 4 de Educación Secundaria. En total, 320 alumnos/as, actrices e actores dirixidos por 12 profesores/as ou monitores de teatro.

Realizaranse un total de 30 representacións, segundo o seguinte calendario:

CentroGrupoNivelNº actores/actricesEspectáculoCentro de realización da obraDataHora
CPR ObradoiroObradoiro InfantilInfantil25What the ladybird heardEIM Luis Seoane11/05/2611:00
EIM Luis SeoaneTeatreiros Luis SeoaneInfantil18Isabel e o barco da saúdeCPR Obradoiro14/05/2611:00
CEIP Cidade VellaCeip Cidade VellaPrimaria16Aún no lo sabeCPR Esclavas del Sagrado Corazón05/05/2612:00
CEIP Rosalía de CastroComediantesPrimaria10La última paradaCPR Franciscanos23/04/2616:00
CEIP Víctor López SeoaneDrama Club Víctor LópezPrimaria42Picasso ven á CoruñaCEIP Wenceslao Fernández Flórez29/04/2612:00
CEIP Wenceslao Fernández FlórezWenceslaoPrimaria12Alicia en el País de las MaravillasCPR Esclavas del Sagrado Corazón22/04/2612:00
CPR Esclavas del Sagrado CorazónOs teatreiros de 5ºBPrimaria25Mamasiña, que medo!CEIP Cidade Vella21/04/2612:00
CPR Esclavas del Sagrado CorazónOs teatreiros de 5ºAPrimaria25Mamasiña, que medo!CEIP Víctor López Seoane27/04/2612:00
CPR Fogar Santa MargaridaHogar TeatroPrimaria25Censura CristianaCPR Obradoiro08/05/2612:00
CPR FranciscanosFranciscanosPrimaria13Tres pelos de oro del diabloCEIP Rosalía de Castro13/04/2616:00
CPR ObradoiroObradoiroPrimaria22Theseus and the MinotaurCPR Fogar Santa Margarida06/05/2612:00
CPR Internacional EirísLas TenoriasSecundaria8El castingIES Agra do Orzán20/04/2612:00
CPR Marista Cristo Rey Música MaristasSecundaria30Hoy no me puedo levantarIES Monte das Moas12/05/2612:00
IES Agra do OrzánAgor TeatroSecundaria25Aurelio, criado de dous patrónsCPR Internacional Eirís07/05/2612:00
IES Monte das MoasTelón de AquilesSecundaria24Un ollo de vidroCPR Marista Cristo Rey 24/04/2612:00
13 CENTROS15 GRUPOS320

Gala final Mostra de Teatro Escolar 2026

O programa finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 12 de xuño, ás 17:30 horas, no Forum Metropolitano.

Todas as representacións serán valoradas por un xurado composto por:

  • Ana Judel Prieto, Técnica de Educación do Concello da Coruña
  • Ramiro Neira Cortés, actor e narrador de tradición oral; director e produtor de proxectos teatrais en Galicia; docente de grupos de teatro escolar e afeccionado.
  • Xosé Leis Martínez, graduado en Pedagoxía Teatral e Máster en Estudos Teatrais e Audiovisuais da UDC; actor de teatro e audiovisual; director e programador de festivais teatrais; docente de grupos de teatro escolar.

O xurado elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria) e poderá propoñer mencións especiais.

Os criterios de valoración terán en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, e a coordinación do grupo.

Premios

Os premios serán entregados na gala final, tras a representación das obras. A entrega realizaraa o Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez; mentres que as mencións especiais serán entregadas polos membros do xurado.

Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100€. As posibles mencións non terán premio económico.

Tras a visualización das obras ou das gravacións das mesmas e de acordo coas puntuacións emitidas polo Xurado, en base aos criterios de valoración reflectidos nas bases do programa (orixinalidade ou adaptación do texto; orixinalidade do vestiario e maquillaxe; orixinalidade da escenografía e a iluminación; corrección e fluidez lingüística; e dramatización e coordinación do grupo), resolveuse outorgar os premios de cada categoría ás seguintes obras:

CATEGORÍAOBRACENTRO EDUCATIVO
EDUCACIÓN INFANTILWhat the ladybird heardCPR Obradoiro
Isabel e o barco da saúdeEIM Luis Seoane
EDUCACIÓN PRIMARIATortura disfrazada de excursiónCEIP Cidade Vella
EDUCACIÓN SECUNDARIAMemorias dun esqueleteIES Monte das Moas

Como na categoría de Educación Infantil outórgase o premio "ex-aequo" a dous grupos participantes, o premio será dun cheque de 50€ para cada grupo gañador.

Ademais, o xurado resolveu outorgar as seguintes mencións especiais (sen dotación económica) ás seguintes obras:

MENCIÓNSOBRACENTRO EDUCATIVO
Mellor escenografíaIsabel e o barco da saúdeEIM Luis Seoane
Mellor vestiarioAlicia en el País de las MaravillasCEIP Wenceslao Fernández Flórez
Mellor obra de creación colectivaLa boda que salió ranaCPR Fogar de Santa Margarida
Mellor adaptaciónTres pelos de oro en la cabeza del diabloCPR Franciscanos

O xurado destaca o gran nivel das obras representadas, tanto das adaptacións como as de creación colectiva, e dos grupos escolares, pola súa calidade interpretativa e a súa capacidade de improvisación, resultando moi complicada a selección dos premiados.

Cando:

Dende o 08/01/2026 ata o 12/06/2026

O INTERCAMBIO DE REPRESENTACIÓNS da Mostra realizarase do 13 de abril ao 14 de maio de 2026, nas datas e horarios que acorden os centros participantes.

A GALA FINAL realizarase o venres 12 de xuño de 2026, ás 17:30 horas, no Fórum Metropolitano.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 15/12/2025

Os centros e ANPAS interesados en participar deben de inscribirse na Ficha de solicitude (ata o día 15 de decembro).

Posteriormente, do 8 de xaneiro ás 10:00h., ao 27 de febreiro de 2026 ás 14:00 h., os centros e ANPAS teñen que volver entrar na solicitude para confirmar a súa participción.

A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.

Contacto:

COORDINA: VitaEvents

Tel: 681 01 72 99 (Andrea Rodríguez)

andrea.rodriguez@vitaevents.es

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10179

educacion@coruna.gal

Requisitos:

  • Deberase acadar un número mínimo de 10 centros participantes, dos cales polo menos o 90% deberán ser públicos ou concertados; o número máximo de grupos participantes non poderá superar os 30 nin ser inferior a 10 e os grupos procedentes de centros privados non concertados non poderán superar o 15% do total dos grupos participantes.
  • De non acadar estes mínimos requiridos de centros ou grupos, o programa non se desenvolverá.

Recursos materiais:

Axuda económica

Cada grupo dos centros públicos e concertados recibirá unha axuda económica para afrontar os gastos de material fungible xerados pola propia actividade da montaxe das obras de teatro, por un custo máximo de 300€ por grupo.

Exclúese aos centros privados non concertados da posibilidade de percibir desta axuda económica.

Considerarase "material fungible": material de oficina e papelería, fotocopias, materiais de carpintería, material informático, aluguer de aparellos de megafonía, teas, disfraces, alimentos e bebidas para a recepción do grupo visitante, etc.

Os gastos deberán xustificar debidamente coas facturas correspondentes.

Transporte

O concello poñerá a disposición dos grupos un servizo de transporte gratuíto dos grupos participantes para os desprazamentos a outros centros e aos grupos premiados á gala final.

A escenografía non poderá exceder do 2,15 m. de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña

Documentos:

Cartel XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025/2026 (941 KB)

Guía da XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025/2026 (1 MB)

Documentos relacionados

  • XXXV Mostra de Teatro Escolar - Acta do xurado (243 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión