Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de Verán 2025

Nesta páxina

Campamentos de verán 2025

Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2025

Apertura do prazo de preinscricións os días 13, 14 e 15 de maio.

Outras datas importanes:

  • Publicación de listaxes provisionais: 23 de maio
  • Prazo de presentación de reclamacións: 26 e 27 de maio
  • Sorteo: 29 de maio ás 10:00 horas
  • Publicación de listaxes de admitidos/as: 2 de xuño
  • Prazo para realizar a inscrición e o pago: 3, 4, 5 e 6 de xuño
  • Publicación de lista de espera: a partir do 10 de xuño

Novidades

1 resultados

Condicións de participación

As e os menores participantes deberán cumprir os requisitos específicos dos campamentos nos que se inscriban.

A preinscrición será telemática a través desta páxina.

  • Campamentos de verán 2025: condicións de participación (278 KB)

Campamentos dispoñibles

Campamentos centros cívicos

Campamentos urbanos en centros cívicos

Destinatarios: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos entre o 01/01/2013 e o 31/12/2021.

Datas: do 1 de xullo ao 5 de setembro, en 5 quendas.

Máis información

Quendas:

• T1: do 1 ao 15 de xullo

• T2: do 16 ao 31 de xullo

• T3: do 1 ao 15 de agosto

• T4: do 16 ao 31 de agosto

• T5: do 1 ao 5 de setembro

Horario: de luns a venres en horario de mañá (nos días festivo non hai campamento).

• Xeneral: 10:00 - 14:00 h

• Ampliado: 9:00 - 14:30 h (ofertado en 12 sedes)

Prezo: 26 euros para horario xeral e 32 euros para horario ampliado.

Prazas: 2250 prazas en total (la distribución por centro e quenda dependerá da demanda e capacidade de cada sede) e 56 prazas para necesidades educativas especiais (atendidas por 30 monitores; se ditribuirán segundo demanda en todas as sedes).

Sede: Centros Cívicos Municipais.

Outra información de interese: É necesario un mínimo de 9 participantes para formar un grupo. En caso contrario, o Concello resérvase o dereito de anular o campamento nesa quenda/centro.

Ao final de cada quenda realizarase unha excursión programada, sempre que as condicións meteorolóxicas permítano. Mediante a inscrición no campamento autorízase expresamente á participación do/a menor na devandita excursión.

Ligazóns de interese

Campamentos de día

Campamentos municipais de día

Persoas destinatarias: nenas e nenos empadroadas/os no Concello da Coruña nacidas/os entre o 01/01/2013 e o 31/12/2021

Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto, en 4 quendas

Máis información

Quendas:

• Q1: do 1 ao 15 de xullo

• Q2: do 16 ao 31 de xullo

• Q3: do 1 ao 15 de agosto

• Q4: 16 ao 31 de agosto

Horario: de luns a venres, das 10.00 ás 18.00 h (nos días festivo non hai campamento).

Prezo: 85 euros (inclúe transporte e comida diaria)

Prazas: 416 prazas (16 para necesidades educativas especiais; 4 por quenda, atendidas por monitorado especializado)

Sede: Colexio Calasanz PP Escolapios da Coruña

Outra información de interese: non se ofrece servizo de madrugadores nin de tarde.

Ligazóns de interese

Campamentos con pernoctación

Campamentos tradicionais de pernoctación

Persoas destinatarias: nenas e nenos empadroadas/os no Concello da Coruña nadas/os entre o 01/01/2009 e o 31/12/2017

Datas: do 13 de xullo ao 16 de agosto, en 4 quendas

Máis información

Quendas (as idades son orientativas):

• Q1: do 13 ao 19 de xullo (dos 8 aos 11 anos)

• Q2: do 20 xullo ao 26 xullo (dos 12 aos 16 anos)

• Q3: do 3 ao 9 de agosto (dos 8 aos 11 anos)

• Q4: do 10 ao 16 de agosto (dos 12 aos 16 anos)

Grupos: dous grupos de 8 a 11 anos e outros dous de 12 a 16 anos

Horario: todo o día, con aloxamento nocturno

Prezo: 85 euros (inclúe transporte de ida e volta en autobús e pensión completa).

Prazas: 180 prazas (repartidas entre as 4 quendas segundo a demanda e capacidade da sede). 4 prazas para necesidades educativas especiais (para repartir entre quendas segundo a demanda).

Sede: Estación de montaña de Manzaneda (Ourense). Insatalacións con aloxamento e servizos de restauración.

Outra información de interese: é necesario que as persoas participantes saiban nadar.

Ligazóns de interese

Campamentos de mocidade

Campamentos de mocidade

Persoas destinatarias: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos entre o 01/01/2008 e o 31/12/2013

Datas: do 30 de xuño ao 24 de xullo, en dúas quendas

Máis información

Quendas:

• Q1: do 30 de xuño ao 11 de xullo

• Q2: do 14 de xullo ao 24 de xullo

Horario: de luns a venres, das 09.00 ás 14.00 h (nos días festivo non hai campamento).

Prezo: gratuíto (inclúe o transporte).

Ao ser unha actividade de carácter gratuíto e con alta demanda, a falta de asistencia inxustificada supoñerá a baixa inmediata da persoa participante na actividade.

Prazas: 100 prazas, 50 por quenda.

2 prazas para necesidades educativas especiais por quenda.

Sede: Polideportivo municipal de Labañou (a actividade combinará esta sede fixa con saídas a distintos espazos urbanos para realizar actividades ao aire libre).

Outra información de interese: habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con seis paradas establecidas pola organización.

Trátase dun campamento multideportivo con actividades no medio acuático, polo que é imprescindible saber nadar.

Tipoloxía de actividades:

Multideportivas e no medio acuático: iniciación ao snorkel, caiac, paddle surf, tiro con arco, propostas de deporte alterrnativo como kinball, flloorballl e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo etc.

Lúdico-recreativas: xogos de rastrexo e de pistas, orientación, xeocatching, talleres creativos, xogos de cooperación etc.

Ambientais: sendeirismo pola contorna ambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración xogos con material de reciclaxe etc.

Ligazóns de interese

Campacoles

Campacoles

Persoas destinatarias: alumnado nado entre o 01/01/2013 e o 31/12/2021, matriculado nun CEIP do Concello da Coruña no curso 2024/2025

Datas: do 23 de xuño ao 1 de agosto, en tres quendas

Máis información

Quendas:

• Q1: do 23 de xuño ao 4 de xullo (24 de xuño festivo local, sen actividade)

• Q2: do 7 de xullo ao 18 de xullo

• Q3: do 21 de xullo ao 1 de agosto (25 de xullo festivo, sen actividade)

Horario: de luns a venres, en horario de mañá

• Horario diario: 10:00 - 14:00 h (fins de semana e festivos excluídos)

• Horario complementario: dispón de servizo de madrugadores (das 08.30 ás 10.00 h, con ou sen servizo de almorzo) e de comedor (das 14.00 ás 15.30 horas, podéndose recoller as/os participantes a partir das 15.00 h).

Prezo: 40 euros (Campacole)

• + 20 euros (madrugadores sen almorzo)

• + 36 euros (madrugadores con almorzo)

• + 60 euros (comedor)

O alumnado benificiario da bolsa comedor no curso 2024/2025 terá unha bonificación do 50% na cota do Campacole. Este desconto non se aplica aos servizos de madrugadores nin de comedor.

Seguro de accidentes: 4,00 € (exentos deste pago as/os participantes matriculadas/os en calquera programa ofertado pola Federación das ANPA no curso 2024/2025 -"Cóxegas", "Deporte no centro", "Arte e cultura no centro" o "Idiomas no centro").

Prazas: 1.080 prazas en total (360 prazas por quenda, 45 prazas en cada centro escolar por quenda).

Reservarase ata un 33% das prazas de cada quenda para o alumnado matriculado no centro sede.

Sedes: CEIP Juan Fernández Latorre; CEIP María Barbeito; CEIP Novo Mesoiro; CEIP Ramón de la Sagra; CEIP San Francisco Xabier; CEIP San Pedro de Visma; CEIP Torre de Hércules; CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

Outra información de interese: os servizos de madrugadores e comedor só se poñerán en marcha cun mínimo de 10 participantes en cada un deles.

Non se ofrece servizo de transporte.

Ligazóns de interese

Campamentos Fórum e Ágora

Campamentos Fórum e Ágora

Persoas destinatarias: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos/as entre o 1/01/2013 e o 31/12/2021.

Datas: do 23 de xuño ao 29 de agosto, en 5 quendas

Máis información

Quendas (9 grupos en cada centro por quenda):

• Q1: do 23 de xuño ao 4 de xullo (o 24 de xuño é festivo local, polo que non hai campamento)

• Q2: do 7 de xullo ao 18 de xullo

• Q3: do 21 de xullo ao 1 de agosto (o 25 de xullo é festivo autonómico, polo que non haberá campamento)

• Q4: do 4 de agosto ao 14 de agosto (o 15 de agosto é festivo nacional, polo que non haberá campamento)

• Q5: do 18 de agosto ao 29 de agosto

Horario: de luns a venres, en horario de mañá

• Horario xeral: 10.00-14.00 h (fins de semana e festivos excluídos)

• Horario ampliado: posibilidade de ampliación das 08.30 ás 14.30 h

A media mañá farase unha pequena pausa para merendar. Cada participante deberá traer a súa propia merenda.

O último día de cada quenda o horario prolongarase aproximadamente ata as 17.00 h, debido a unha saída especial. Cada participante deberá traer a súa comida ese día (as saídas terán lugar os días 4 e 18 de xullo e 1, 14 e 29 de agosto).

Prezo: só campamento: 35 euros

Con ampliación horaria: de 38 a 45 euros

• Modalidade A (das 10.00 ás 14.30 h): 38 euros

• Modalidade B (das 9.00 ás 14.00 h): 40 euros

• Modalidade C (das 9.00 ás 14.30 h): 42,50 euros

• Modalidade D (das 8.30 ás 14.00 h): 42,50 euros

• Modalidade E (das 8.30 ás 14.30 h): 45 euros

Prazas: 1.350 prazas en total (135 prazas en Ágora + 135 en Fórum por quenda)

Sedes: Fórum Metropolitano ou Centro Ágora (segundo o centro elixido en cada quenda)

Outra información de interese: non se ofrece servizo de transporte.

Ligazóns de interese

Escola de Verán da OMIC

Escola de Verán da OMIC

Persoas destinatarias: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos entre o 01/01/2015 e o 31/12/2021

Datas: do 1 de xullo ao 31 de xullo, en dúas quendas

Máis información

Quendas:

• Q1: do 1 ao 15 de xullo

• Q2: do 16 ao 31 de xullo

Horario: de luns a venres, en horario de mañá

• Horario xeral: 09.00-14.00 h (fins de semana e festivos excluídos)

• Horario ampliado: entrada dende as 07.50 h e saída ata as 15.00 h (este horario ampliado débese solicitar no momento da inscrición).

Prezo: gratuíto

Prazas: 100 prazas (50 prazas en cada quenda, organizadas en dous grupos de 25). 8 prazas para necesidades educativas especiais (4 en cada quenda)

Sede: Centro Municipal de Emprego (Estrada dos Fortes, 16, Os Rosales, A Coruña).

Outra información de interese: as prazas ofertadas cubriranse preferentemente con menores de familias que necesiten conciliar a vida laboral e familiar. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña cuxas persoas proxenitoras/titoras traballen durante a quenda solicitada (poderase requirir documentación xustificativa desta circunstancia).

Os/as participantes no campamento recibirán cada día, a media mañá, unha merenda infantil saudable. Os nenos e nenas que usen o horario ampliado de conciliación poden levar o seu almorzo preparado da casa.

Ligazóns de interese

Campamentos deportivos

Campamentos deportivos

Persoas destinatarias: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos entre o 1/01/2013 e o 31/12/2019

Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto, en catro quendas

Máis información

Quendas:

• Q1: do 1 ao 15 de xullo

• Q2: do 16 ao 31 de xullo

• Q3: do 1 ao 15 de agosto

• Q4: do 16 ao 31 de agosto

Horario: de luns a venres, en horario de mañá

• Horario xeral: 09.00-14.00 h (fins de semana e festivos excluídos)

• Horario ampliado: 08.30-14.30 h (fins de semana e festivos excluídos)

Prezo: 48,18 euros (quendas 1 e 2); 43,80 euros (quendas 3 e 4)

Prazas: 640 prazas (160 por quenda).

Sede: Cidade Deportiva de Riazor e Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro

Outra información de interese: actividades deportivas, deportes náuticos ou natureza e outras actvidades dinamizadoras (roupa deportiva e bañador)

Non se ofrece servizo de transporte.

Ligazóns de interese

Listas de persoas preinscritas, admitidas e outra documentación

Inicio / 

TipoNomeDataTamaño
 Campacoles (Federación Provincial de ANPAS e Concellería de Educación)  
 Campamentos de día  
 Campamentos de mocidade  
 Campamentos deportivos  
 Campamentos Fórum e Ágora  
 Campamentos tradicionais de pernoctación  
 Campamentos urbanos en centros cívicos  
 Escola de Verán da OMIC  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión