19 de abril de 2026
A proba conectou Santa Cruz e San Antón nun percorrido polo litoral a favor do deporte inclusivo
A cuarta edición da carreira 10K Costa Ártabra reuniu esta mañá preto de 2.000 persoas nunha xornada deportiva e solidaria que volveu unir os castelos de Santa Cruz, en Oleiros, e San Antón, na Coruña.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no desenvolvemento da proba, na que destacou "a gran resposta da cidadanía nun evento que combina a práctica deportiva cun claro fin social". Neste sentido, puxo en valor o papel destas iniciativas "na promoción de hábitos saudables e na construción dunha cidade máis inclusiva".
A carreira arrancou ás 9.30 horas desde a rúa Carlos Manuel de Cépedes, en Santa Cruz, e completou un percorrido de dez quilómetros polo litoral ata a meta situada no Parrote, nun trazado a nivel do mar que percorreu enclaves como Santa Cristina e A Pasaxe.
A cita mantivo o seu carácter benéfico, destinando os fondos recadados á Asociación CASCO para apoiar o seu programa de deporte inclusivo e contribuír á unidade de VIH do CHUAC. Ademais, habilitouse un dorsal solidario que permitiu a colaboración da cidadanía máis alá da participación na carreira.
En liña co compromiso do Goberno de Inés Rey co impulso do deporte e as iniciativas de carácter social, a proba consolidouse como unha das citas destacadas do calendario deportivo da área metropolitana.
No apartado deportivo, os gañadores absolutos foron Carmen Lozano López e Abdelaziz Fatihi. Tamén se entregaron premios ás diferentes categorías, tanto masculinas como femininas.
A organización, a cargo do Comité Cidadán Antisida da Coruña (CASCO) e BOXFIT, dispuxo diversos servizos para as persoas participantes, como transporte ata a saída, gardaría, avituallamento, asistencia médica e servizo de fisioterapia na meta.
Esta cuarta edición incluíu tamén unha homenaxe ao atleta olímpico coruñés Andrés Díaz, en recoñecemento á súa traxectoria deportiva internacional.

16 de abril de 2026

14 de abril de 2026

13 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible