25 de abril de 2025
Inés Rey comparte a preocupación do sindicato CSIF polos problemas de saturación que teñen os xulgados na cidade
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta mañá en María Pita a Áurea Fernández Basanta e Manuel José Lago, representantes da Central Sindical Independente de Funcionarios (CSIF) para escoitar as súas demandas e propostas sobre os plans de ampliación do número de xulgados de violencia sobre a muller en Galicia. Rey estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade.
Inés Rey compartiu cos representantes sindicais a valoración positiva á creación de catro novos xulgados de violencia na comunidade autónoma, mais comparte tamén que esta creación "non pode ser a custa de reconverter xulgados de instrución".
Os representantes da CSIF trasladáronlle á alcaldesa que dita conversión afondaría nos problemas de saturación que xa teñen os xulgados de instrución en Galicia. Por iso solicitaron o apoio do Concello para que na Coruña a proposta final sexa a creación de novos xulgados de violencia sen modificar outros servizos existentes.

15 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible