Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de diciembre de 2022

A alcaldesa da Coruña e o presidente do Consorcio As Mariñas poñen en común o futuro da planta de Nostián

Acordan manter unha nova reunión en xaneiro con todos os alcaldes da área

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso co obxectivo de poñer en común o futuro da planta de Nostián, unha vez que o Concello aprobou en Xunta de goberno o anteproxecto para a renovación e actualización da planta de clasificación de residuos.

Rey compartiu con Santiso que o obxectivo da remodelación é reforzar o actual modelo de xestión dotándoo de maior capacidade e eficiencia, "actualizar a planta e incrementar a súa capacidade operativa, facéndoa máis eficiente". Subliñou que o anteproxecto suporá unha gran mellora das actuais instalacións de Nostián, coa instalación de tecnoloxía adaptada aos tempos actuais así como melloras directas para o persoal da planta, ademais da adaptación da planta á normativa vixente de xestión de residuos.

A alcaldesa trasladoulle ao presidente do Consorcio que o Concello "conta co Consorcio como parte esencial no futuro da planta de Nostián" e amosoulle a vontade do Concello de traballar conxuntamente con todos os alcaldes da área nas distintas fórmulas de relación.

Pola súa banda, José Antonio Santiso mostrou a disposición do Consorcio a coñecer en detalle a proposta de futuro que está a facer o Concello da Coruña para Nostián, "estase falando doutro sistema e doutros prezos polo que queremos saber exactamente o planteamento que nos farán para valorar si é viable, a nosa vocación é continuar con Nostián pero hai que coñecer a proposta e o sistema de relación que nos propoñen".

En concreto, Santiso sinala que unha vez se coñezan os detalles, o Consorcio procederá a avaliar os investimentos que son necesarios acometer, dado que o cambio no modelo afectará tamén ao sistema de recollida, e o que podería supoñer para a canon do servizo tanto de recollida como de tratamento. Con esa avaliación, os alcaldes poderán determinar as accións a tomar coas miras postas sempre en ofrecer a mellor prestación á veciñanza.

Neste sentido, ambos dirixentes comprometéronse a establecer un calendario de reunións de traballo para a posta en común do futuro da planta. O primeiro encontro con todos os alcaldes terá lugar no mes de xaneiro.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión