28 de enero de 2026
Inés Rey e a concelleira Nereida Canosa mantiveron esta mañá unha reunión coa plataforma
A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, recibiron esta mañá á plataforma SOS Sanidade Pública Galicia, que alertou do impacto das listas de espera e da crecente derivación á privada.
No encontro, a plataforma trasladoulle ao Goberno municipal as principais demandas que sustentan a mobilización, centradas -segundo expuxeron- no reforzo do sistema público e na mellora do acceso real e efectivo á atención sanitaria, especialmente na Atención Primaria e na asistencia especializada. Entre as cuestións abordadas, SOS Sanidade Pública fixo fincapé nos tempos de demora para obter cita en Atención Primaria, que se sitúan nunha marxe de "7 a 14 días" en moitos casos, así como na situación das listas de espera hospitalarias e de probas diagnósticas, nas que sinalan exemplos como TAC con 47 días e resonancia magnética con 56,2, entre outras demoras.
Así mesmo, SOS Sanidade Pública expuxo datos que, ao seu xuízo, evidencian un fortalecemento progresivo da sanidade privada, con incremento do aseguramento e da concertación. A este respecto, sinalaron que o 32,6% da poboación tería seguro privado en 2024, e que en Galicia sería o 24%, cun aumento do 166,7% respecto de 2018, e achegaron tamén cifras sobre a actividade financiada publicamente en hospitais privados.
Inés Rey agradeceu a información e o ton construtivo da reunión e subliñou que "o dereito á saúde e a unha atención sanitaria en prazos razoables é un piar básico do benestar, e require unha aposta firme polo público e pola equidade territorial".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible