7 de octubre de 2025
Inés Rey: “É unha honra recibir hoxe á presidenta do Consello de Estado polo papel que desempeña na defensa da igualdade e na defensa do feminismo que non é outra cousa que defender a democracia”
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio Municipal de María Pita á presidenta do Consello de Estado, Carmen Calvo, quen asinou no Libro de Ouro da cidade. Calvo preside o órgano consultivo do Goberno, garante do cumprimento da Constitución e do correcto funcionamento da Administración Pública.
Rey sinalou que é "unha honra recibir hoxe á presidenta do Consello de Estado polo papel que desempeña na defensa da igualdade e na defensa do feminismo que non é outra cousa que defender a democracia". Estiveron acompañadas do ex alcalde e membro do Concello do Estado, Javier Losada.
A alcaldesa lembrou tamén a ampla traxectoria política de Carmen Calvo, como vicepresidenta primeira do Goberno ou ministra de Cultura e subliñou "que é un referente para moitas mulleres españolas polo seu activismo e a súa implicación" e que "precisamos de moitas referentes como Carmen".
Carmen Calvo explicou que o ano que vén o Consello de Estado cumplirá 500 anos: "somos el Consejo de Estado más antiguo del mundo, el órgano más veterano de este país". Así mesmo, lembrou o papel decisivo do Ministerio de Cultura para a consecución da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade: "En aquellos momentos yo como ministra tenía la competencia de llevar a la UNESCO las candidaturas Españolas. Había muchos territorios compitiendo y sin embargo para mí era claro".

17 de octubre de 2025

15 de septiembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible