Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de junio de 2022

A Banda Municipal de Música interpretará obras de Verdi e Rossini, entre outros, nun concerto que terá lugar mañá na praza da fonte de San Andrés

Tras as actuacións levadas a cabo no Teatro Colón durante o primeiro semestre de ano, a Banda comeza un ciclo de concertos vespertinos en diversas localizacións da cidade, ao aire libre

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) volve mañá ás rúas da cidade para ofrecer 'Tarde alla italiana' un concerto que terá lugar na praza da fonte de San Andrés e achegará ao público asistente a grandes compositores musicais do país transalpino. 

Nesta ocasión, o director alacantino Juan Miguel Romero Llopis (Monforte del Cid, Alacante; 1975) levará a batuta da agrupación. Romero Llopis provén dunha familia de músicos, polo que a súa relación coa disciplina comezou dende moi novo. Formouse como profesor de clarinete e obtivo a cualificación de matrícula de honra, ademais de graduarse como director de orquestra polo Conservatorio Superior de Música de Murcia. Ademais, Llopis foi director titular das Bandas Municipais de Santiago de Compostela e Palma de Mallorca.

'Tarde alla italiana' abrangue seis pezas entre as que destacan L'italiana in Algieri e Aida, de Gioachino Rossini e Giuseppe Verdi. Ambas as dúas serán o punto de partida dun concerto no que tamén terán protagonismo as obras de figuras como Louis Moreau Gottschalk, John Cacavas, Joan Alborch e Alfred Reed.

O concerto da Banda Municipal de Música deste xoves, que comezará ás 20.00 horas, será de acceso libre ata completar a capacidade, e marcará o inicio das actuacións previstas pola agrupación nesta tempada estival, que se levarán a cabo en espazos da cidade ao aire libre durante os meses de xuño e agosto.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión