Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2023

A Banda Municipal pecha a súa tempada sinfónica no Teatro Colón con pezas clásicas de musicais como ‘Os miserables’ e ‘West Side Story’

O barítono coruñés Pedro Martínez Tapia e a soprano arousá Marina Penas acompañarán a agrupación para redondear a actuación, que comezará este xoves 25 ás 20.00 horas

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) pechará este xoves a súa tempada de concertos sinfónicos no Teatro Colón. Será a partir das 20.00 horas, nunha 'Velada de musicais' que dá continuidade á programación prevista pola agrupación no seu Ciclo de Primavera.

Nesta ocasión, as e os profesionais da Banda interpretarán pezas clásicas de musicais ben coñecidos polo público, como 'Os miserables', 'A pantasma da ópera', 'My fair lady', 'Cats' e a 'West Side Story'. Interpretaranse un total de once fragmentos, inspirados en composicións orixinais de autores como Alfred Reed, Leonard Bernstein, George Gershwin e Andrew Lloyd Webber, entre outros.

O concerto, que segue a estela festiva das actuacións xa levadas a cabo este ano pola Banda Municipal, contará ademais coa participación do barítono coruñés Pedro Martínez Tapia e a soprano arousá Marina Penas, que acompañarán a banda para redondear a interpretación das pezas inspiradas nos musicais.

Tapia, que tamén é director da Coral Polifónica El Eco, licenciouse na Escola Superior de Canto de Madrid, comezou o seu percorrido nos coros infantís e xuvenís de El Eco e Cantábile. Penas, pola súa banda, comezou os seus estudos de interpretación na Escola de Música Bernardo del Río e completou a súa formación anos despois cun Grao Superior de Música na especialidade de Canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Xa posteriormente, recibiu clases de prestixiosos mestres de canto entre as que destacaron Montserrat Caballé, Alicia Nafé ou Roberto Accurso, entre outros.

Como xa é habitual, a sesión será de acceso libre ata completar a capacidade do recinto. Retransmitirase tamén en directo a través da canle oficial da BMMC en YouTube.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión