2 de agosto de 2025
Tras finalizar a fase informativa o Concello intensificou os controis durante o último mes para sancionar a aquelas persoas que non recollen as deposicións dos cans
O Concello da Coruña pon hoxe fin á campaña municipal dirixida a combater os comportamentos incívicos relacionados coa tenza de animais, cun balance de 73 sancións tramitadas pola Policía Local. A acción centrouse de forma especial no incumprimento da obrigación de recoller as deposicións caninas, unha conduta tipificada como infracción na Ordenanza municipal de protección e tenza de animais.
A campaña arrancou cunha fase informativa na que se distribuíron 10.000 dispensadores de bolsas e 5.000 botellas para diluír os ouriños, xunto con accións de concienciación en parques e espazos públicos. Unha vez finalizado ese período, durante o último mes intensificouse a vixilancia e aplicouse o réxime sancionador recollido na normativa.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Montse Paz, destacou que "esta campaña permitiu actuar contra comportamentos incívicos que afectan ao coidado da cidade e á convivencia. A maioría da veciñanza cumpre coas normas, pero é importante lembrar que a limpeza dos espazos comúns é unha responsabilidade compartida".
As infraccións foron detectadas maioritariamente en zonas de gran afluencia e en horarios de maior tránsito, e as sancións aplicadas poden chegar ata os 500 euros.
Co peche da campaña este venres, finaliza o operativo extraordinario de control. Non obstante, desde o Concello sublíñase que a Ordenanza municipal de protección e tenza de animais segue plenamente vixente e que a Policía Local continuará realizando labores de vixilancia para controlar e sancionar condutas incívicas como non recoller os excrementos dos cans ou non levar a botella para limpar os ouríns, un feito que tamén se sanciona. Recoller as deposicións e limpar os ouríns son obrigas legais e tamén un compromiso co benestar común e a imaxe da cidade.

12 de agosto de 2026

11 de agosto de 2026

24 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible