28 de mayo de 2025
Proxectarase este venres 30, cando tamén se celebrará o acto que conmemora o 40 aniversario do primeiro Museo Científico da cidade
A Casa das Ciencias organiza unha sesión especial de planetario en directo con motivo do 40 aniversario da inauguración do museo, que tivo lugar o 1 de xuño de 1985. Nesta sesión realizarase un breve repaso aos principais fitos astronómicos destes 40 anos, acompañado da proxección do ceo na cúpula do planetario.
"Desde o Goberno de Inés Rey queremos render homenaxe a este museo referente en Galicia con varios actos entre os que se atopa esta proxección especial", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Para asistir hai que realizar unha reserva de entradas, gratuítas, que poderá facerse desde as 9.00 horas do venres 30 de maio nesta páxina: https://ticketing.coruna.gal/mc2/cc40/
Por outra banda, o Concello celebrará tamén o venres un acto conmemoración para festexar o aniversario, que contará coa participación da alcaldesa, Inés Rey, e no que tomarán parte tamén nenos e nenas que gozarán dunha sesión do planetario así como científicas que ocupan distintos postos e que contarán a súa propia experiencia vital coa Casa das Ciencias. Por outra banda, o vindeiro luns, 2 de xuño, celebrarase en María Pita o acto de nomeamento como Fillo Adoptivo da cidade a Moncho Núñez, grande impulsor dos Museos Científicos Coruñeses.

15 de mayo de 2026

24 de abril de 2026

25 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible