2 de diciembre de 2025
As pezas, inspiradas no diálogo creativo entre Picasso e Calder, estarán expostas ata o 13 de decembro
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde a apertura da mostra dirixida por Gosia Trebacz cos traballos resultados dos obradoiros dirixidos pola propia artista no primeiro andar da Casa Museo Picasso. Cada obradoiro inspirouse no diálogo entre Picasso e Calder, experimentando as persoas participantes cunha camiseta branca como lenzo. Esta exposición é o resultado do proceso creativo das obras finais tanto dos adultos como dos nenos.
"Desde o Goberno de Inés Rey continuamos a impulsar o talento creativo dos e das artistas da cidade, levando o seu traballo a espazos tan emblemáticos como esta Casa Museo", indicou Gonzalo Castro, que lembrou tamén os traballos de restauración do primeiro andar levados a cabo polo Concello e que permitiron a celebración dos obradoiros dirixidos por Gosia Trebacz.

12 de mayo de 2026

12 de mayo de 2026

11 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible