28 de junio de 2025
Inés Rey: “A Coruña non se entende sen deporte e sen as súas Escolas Deportivas Municipais, un programa pioneiro que non para de acadar éxitos”
O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu esta noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña. Esta tradicional celebración foi recuperada no ano 2022 polo Goberno de Inés Rey, sete anos despois de que deixara de convocarse. A alcaldesa presidiu o evento e dirixiu unhas palabras ao milleiro de persoas asistentes e que simboliza o fin da temporada deportiva para as Escolas Deportivas Municipais.
"A Coruña non se entende sen deporte e sen as súas Escolas Deportivas Municipais, un programa pioneiro que non para de acadar éxitos, con case 4.000 persoas inscritas, 250 grupos e 28 actividades", sinalou Inés Rey. A rexedora foi a encargada de entregar os premios ás 16 persoas recoñecidas polos seus éxitos e traxectoria deportiva. "O deporte abre moitas portas e na Coruña gústanos tiralas abaixo, como fixeron este último ano moitos clubs, entidades e deportistas, levando A Coruña por bandeira e acadando importantes éxitos", engadiu Rey.
A Cea do Deporte serve para poñer punto e final ao curso das Escolas Deportivas Municipais, que este ano contaron con case 4.000 persoas usuarias. Unha gran parte das persoas asistentes á cea forman parte deste tecido, que durante todo o ano leva a cabo diferentes actividades nas instalacións municipais.
Ademais, tamén participou no acto a Campioa Olímpica Sofia Toro, e o ex capitán do Real Club Deportivo, Fran González, que recolleu en nome do seu fillo o recoñecemento ao deportista destacado da tempada. Nico González foi elexido polo xurado pola súa grande tempada que o levou a ser fichado polo Manchester City. A deportista máis destacada foi Jimena Gayoso, que se desprazou á cidade para recoller o recoñecemento de mans da alcaldesa. Aos seus 23 anos a xogadora de voleibol é unha das grandes promesas deste deporte a nivel nacional, acadando esta tempada a Copa da Raíña e a Supercopa co Avarca de Menorca, ademais de acadar o MVP desta última competición. O seu gran ano valeulle para fichar por un equipo da Bundesliga.
Lista de persoas recoñecidas

28 de noviembre de 2025

23 de septiembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible