Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de diciembre de 2020

A Cidade Deportiva da Torre xa leva o nome de Arsenio Iglesias

A alcaldesa descubriu esta mañá a placa con motivo do cambio de nome da Cidade Deportiva A Torre Arsenio Iglesias, no día en que o adestrador cumpriu 90 anos: “Desde hoxe, podemos ler aquí na súa honra que a perseverancia é a clave para alcanzarmos os soños” Rey: “Estes campos levarán o nome de Arsenio Iglesias, que foi grande dentro do campo, pero aínda o é máis fóra”

A alcaldesa, Inés Rey, descubriu hoxe a placa con motivo do cambio de nome da Cidade Deportiva A Torre Arsenio Iglesias xusto no día do 90 aniversario do adestrador coruñés e nun acto ao que asistiron os seus familiares xunto á concelleira de Deportes, Mónica Martínez; o conselleiro do Real Club Deportivo, Toño Armenteros A rexedora sinalou que é unha felicidade aproveitar esta data para honralo e engadiu que a placa lembrará unha das súas ensinanzas máis célebres: "Moito que dicir e pouco que contar" dunha persoa que "foi grande dentro do campo, pero aínda o é máis fóra". A alcaldesa apuntou que "desde hoxe, podemos ler aquí na súa honra que a perseverancia é a clave para alcanzarmos os soños" xa que "unindo o nome de Arsenio a estes campos poñemos en común todos os chanzos do propio deporte coruñés como poden ser a historia, a base ou o Dépor, que tantas veces adestrou aquí, ao pé do noso emblema en forma de faro, en pleno Patrimonio da Humanidade".

Rey explicou que as persoas usuarias destes campos terán ao "gran referente" aínda máis preto, sabedoras que con ese nome a humildade non é un obxectivo, senón unha obriga. "Estamos en Territorio Arsenio", afirmou, polo que non fai falta dicir máis para asumir o que ten cabida e o que non: "Se conseguimos que as e os deportistas, especialmente os e as máis novas, pensen un segundo antes de cada partido ou adestramento no que significa o mestre, nos valores que nos transmite, non teño dúbida que esta Cidade Deportiva será aínda máis fecunda". Neste aspecto, puntualizou que non se refire unicamente a futbolistas, senón, sobre todo, a persoas, a cidadás e cidadáns. Pola súa banda, Juan Antonio Armenteros, destacou a importancia da figura de Arsenio Iglesias no R.C. Deportivo, pero tamén o que significa para a cidade. "Arsenio é a lenda do Deportivismo polas súas xestas deportivas co noso equipo, é eterno, pero tamén a súa figura simboliza os mellores valores da sociedade. É moito máis que unha lenda deportiva, a súa dedicación, humildade e sobretodo o seu sentido común, o sentidiño, á hora de traballar tanto dentro do terreo de xogo como fóra del mesmo", remarcou. O fillo de Arsenio Iglesias, Pablo Iglesias, agradeceu no nome de toda a súa familia á Corporación Municipal a nova designación dos terreos deportivos da Torre que levarán desde agora o nome do seu pai. "Estamos no día adecuado e no sitio oportuno para facer este tributo. Aos pes deste faro bimilenario xestouse un equipo que pasou xa a historia. Aquel equipo tivo os valores que sempre nos inculcou o meu pai: humildade, traballo duro e sinxeleza. Dicía que nunca deberíamos presumir «porque Cho quitan dos fouciños». Tamén quixo agradecer ao R.C. Deportivo a súa presenza no acto xa que "o meu pai é o qué grazas ao Deportivo e a súa historia ecríbese en azul e branco".

CIDADE DEPORTIVA, RÚA E DISTINCIÓN DE FILLO ADOPTIVO A corporación municipal aprobou estas tres cuestións nun pleno celebrado en xaneiro deste ano co fin de lle agradecer ao "raposo" toda a súa dedicación e devoción por un equipo e unha cidade que quixo situalo no lugar en que se merecía. Arsenio afirmaba entón a través dun comunicado que esta decisión fora tremendamente xenerosa e que "esa cidade deportiva e esa futura rúa non serían a cidade deportiva Arsenio Iglesias nin a rúa Arsenio Iglesias, senón a cidade deportiva e a rúa do deportivismo", apuntaba. No acto de hoxe interviñeron tamén o fillo do homenaxeado, Pablo Iglesias, e o presidente do Deportivo, Fernando Vidal.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión