12 de mayo de 2026
O Concello colabora con esta iniciativa concibida como unha oportunidade para tender pontes co país veciño e compartir experiencias e actividades didácticas e culturais
A Coruña e a cidade portuguesa de Guimarães estreitan lazos estes días no contexto do programa de intercambio escolar no que participan os municipios do Eixo Atlántico, e que este ano leva o alumnado do CEIP de Prácticas ao norte do país veciño para compartir actividades coa rapazada do Agrupamento de Escolas Abel Salazar.
Son 16 as alumnas e alumnos do CEIP de Prácticas que se desprazan esta semana a Guimarães, e devolven así a visita dos escolares portugueses, que a mediados de abril estiveron na Coruña abrindo camiño ao intercambio e coñeceron polo miúdo a urbe herculina, onde desfrutaron dun amplo programa de propostas culturais, cun percorrido polos museos da cidade e enclaves como o Palacio Municipal.
Agora, será o alumnado coruñés o que teña a oportunidade de visitar Guimarães, "unha oportunidade única para fomentar o intercambio de coñecementos, vivir experiencias didácticas e concienciar as novas xeracións da importancia de vivir nunha Eurorrexión que amosa os valores, historia e identidade compartida entre Galicia e Portugal", valorou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.
Neste sentido, os concellos da Coruña e Guimarães colaboran con esta iniciativa financiando os gastos derivados dos desprazamentos, estadía e manutención do alumnado participante, así como tamén coas tarefas de organización das visitas e itinerarios en cada unha das cidades.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible