Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de junio de 2022

A compañía de teatro do Ágora ofrece mañá a última función do espectáculo ‘Tras las rejas’, inspirado na España dos anos corenta

A peza está inspirada na obra ‘Presas’, de Ignacio del Moral e Verónica Fernández. O espectáculo comezará ás 20.00 horas e será de acceso libre ata completar capacidade

O Centro Sociocultural Ágora abre mañá ás súas portas á segunda e última representación de 'Tras las rejas', unha peza dirixida por Víctor Barús que leva o selo da compañía de teatro do Ágora baseándose na obra 'Presas', de Ignacio del Moral e Verónica Fernández.

'Tras las rejas', estreada o pasado día 10 de xuño, tamén no Centro Sociocultural Ágora, viaxa atrás no tempo para levar ao público asistente á España da posguerra, nos anos 40, achegándose a unha cárcere de mulleres e centrándose nas súas historias persoais no contexto da súa vida pasada e a súa incerteza tras os barrotes.

O elenco de protagonistas abrangue a Jacobo Sañudo, Willy Méndez, Tana Rama, Carmen Suárez, Alicia Casal, Lucía Torres, Gelines Romero, Julia Miguel, Kenia Maduro, María José Fernández, Cristina Otero, Anabel Vergara, Lola González, Tinacho Pena, Javier González-Palencia, Beatriz González, Alicia González, Benjamín König, Antonio Rumbo, Suso García e Gregorio Saavedra.

A entrada ao espectáculo, que comezará este venres ás 20.00 horas, será de balde ata completar capacidade, polo que non será necesario efectuar ningunha reserva con anterioridade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión