Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de junio de 2023

A competición máis importante de traiñeiras arrinca coa desputa da Bandeira Cidade da Coruña

Durante esta fin de semana doce equipos masculinos e oito femininos competirán coas súas embarcacións na enseada do Orzán

Esta fin de semana disputaranse a VII e VI Bandeira Cidade da Coruña de traiñeiras. Será, ademais, o inicio da Eusko Label Liga masculina e da Euskotren Liga feminina, a competición máis seguida e multitudinaria deste deporte. O concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a competición, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e a concelleira de Turismo, Diana Cabanas. Tamén participou Borja Rodrigo, presidente da Asociación de Clubs de Traiñeiras.

Durante a fin de semana participarán un total de 20 equipos, sendo doce da categoría masculina e oito da feminina. "Grazas ao labor levado a cabo polo Goberno de Inés Rey contamos hoxe coa capacidade e as infraestruturas para acoller, ano tras ano, grandes eventos e competicións deportivas como esta", sinalou Gonzalo Castro durante a presentación que tivo lugar en María Pita.

A primeira xornada, a do sábado 1 de xullo, comezará ás 17.30 horas coa primeira quenda das dúas previstas da VI Bandeira Cidade da Coruña, a categoría feminina. Ás 18.26 horas está previsto que comece a primeira quenda das tres previstas da VII Bandeira Cidade da Coruña, a categoría masculina. A segunda e definitiva quenda será o domingo pola mañá, co comezo da categoría feminina ás 11.25 horas e a masculina ás 12.21 horas. Na categoría feminina, denominada Euskotren Liga, os equipos participantes percorrerán 1,5 millas mariñas, un total de 2.778 metros, no conxunto das quendas, mentres que na categoría masculina, denominada Eusko Label Liga, percorreranse un total de 3 millas mariñas e 5.556 metros.

O escenario desta competición será a enseada do Orzán, cun percorrido lineal que transcorrerá entre un punto á altura das Escravas e outro á altura do Millennium. Castro destacou a alta visibilidade que dará esta competición á cidade, tanto a nivel deportivo polas altas esixencias da disciplina, como a nivel turístico.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión