2 de abril de 2024
Neira subliñou que este labor de sensibilización debe ser constante e cotiá para que poidan mellorar a súa calidade de vida
A concelleira da área de Benestar Social, Yoya Neira, visitou esta mañá o colexio de educación especial de Aspanaes, entidade que desde 1979 defende os dereitos das persoas con trastornos do espectro autista (TEA) e loita para a súa integración social. Aspanaes conta co apoio do Concello da Coruña no financiamento do servizo de respiro familiar e apoio de coidadores de persoas con autismo, seguindo a liña marcada polo Goberno de Inés Rey para a colaboración coas entidades do terceiro sector.
Na visita -á que asistiu tamén o presidente da Deputación, Valentín González Formoso- a concelleira lembrou a importancia de datas como a de hoxe para visibilizar as necesidades das persoas con TEA. Neira subliñou que este labor de sensibilización debe ser constante e cotiá para que ditas persoas e as súas familias poidan mellorar a súa calidade de vida.
Acompañaron á concelleira e ao presidente da Deputación o presidente de Aspanaes, Ignacio Labella Lozano; o director xerente, Daniel Viéitez Solla; o director do Colexio de Educación Especial, Renato Rivas e a presidenta da AMPA, Begoña Fernández Enríquez.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible